[Tradutores-Ubuntu] Galician LoCo Team

Marcos Lans marcoslansgarza at gmail.com
Sat Feb 4 18:30:38 UTC 2017


Por min tamén de acordo.

On 03/02/17 13:31, Felipe Gil Castiñeira wrote:
> Boas Iñaki!
>
> Perdoa, non vin o teu correo antes (filtroumo o cliente de correo). Pois
> diría que es o novo responsable do "Galician LoCo Team" :).
>
> Habería que actualizar a información do LoCo:
> http://loco.ubuntu.com/teams/ubuntuengalego/,
> https://launchpad.net/%7Eubuntuengalego e
> https://wiki.ubuntu.com/GalicianTeam. É probable que podas editar ti a
> información directamente (non son consciente da existencia dun mecanismo de
> permisos, pero se tés calquera problema avísame).
>
> Un saúdo
>      Felipe
>
>
> 2017-01-13 15:29 GMT+01:00 Iñaki Quenerapú <quenerapu at gmail.com>:
>
>> E logo, que?
>>
>> :-) Iñaki Quenerapú
>>
>> El 10 nov. 2016 12:33 p. m., "Felipe Gil-Castiñeira" <felipexil at gmail.com>
>> escribió:
>>
>>> Boas!
>>>
>>> Hai xa moito tempo que non escribo por aquí, en gran medida porque o
>>> traballo me tivo moi absorbido e non lle puiden adicar tempo ás traducións
>>> ou a Ubuntu en xeral.
>>>
>>> Tamén, aínda que este correo é sobre o Galician LoCo Team, considerei
>>> oportuno envialo á lista de tradución de Ubuntu ao galego, xa que é onde
>>> hai actividade e onde está a xente que pode estar interesada.
>>>
>>> Indo ao gran, o asunto é que existe o "Galician LoCo Team" pero está sen
>>> actividade. Hai xa uns meses púxose en contacto comigo Iñaki Quenerapú (en
>>> copia) xa que estaba organizando o evento LibreTeo. Tras dunha pequena
>>> conversa por correo, Iñaki expresou o seu interese en dinamizar o LoCo para
>>> a divulgación e promoción do uso de Ubuntu en Galicia.
>>>
>>> Paréceme unha gran oportunidade para darlle un pulo ao grupo, así que se
>>> ninguén ve algún inconveniente, el pódese encargar a partir de agora do
>>> LoCo.
>>>
>>> Se houbese algunha outra persoa interesada en liderar o LoCo, por favor,
>>> respondede á lista ou a min directamente, e vemos como organizarnos.
>>>
>>> Unha aperta!
>>>      Felipe
>>>
>>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list