[Tradutores-Ubuntu] É correcto colocar o artigo antes de Twitter?

Marcos Lans marcoslansgarza at gmail.com
Sun May 8 20:37:49 UTC 2016


Entendido, moitas grazas pola resposta rápida.

On 08/05/16 21:40, Antón Méixome wrote:
> Fácil:
> Entidade\Produto
> Mozilla\O Firefox
>
> Wolkswagen\O Golf
>
> Frase:
>
> Para Twitter, Inc. é moi importante a seguranza dos datos persoais no
> Twitter.
>
> Barcelona\O Barcelona
>
> A utilización do artigo simplemente é unha marca de palabra común,
> coñecida, incluso con nomes propios:
> María\A María
>
> Trasno recomenda vivamente o uso do artigo, pois ademais de axudar a
> distinguir, resulta natural e tradicional.
>
> El 8 may. 2016 7:55 p. m., "Marcos Lans" <marcoslansgarza at gmail.com>
> escribió:
>
>> Xurdiu nos foros de tradución ao galego no Twitter unha dúbida sobre se é
>> correcto usar o artigo antes da palabra Twitter. P.e: O Twitter, do
>> Twitter, no Twitter.
>>
>> Como penso que tamén pode afectar a outras traducións das nosas, sería
>> útil que algún filólogo nos aclarase o tema cando teña un momento libre. O
>> fío no Twitter é este:
>>
>> https://translate.twitter.com/forum/forums/galician/topics/9521
>>
>> Sería correcto tamén usar O Firefox, O Ubuntu etc?
>>
>> Thanks in advance.
>> _______________________________________________
>> proxecto mailing list
>> proxecto at trasno.net
>> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list