[Tradutores-Ubuntu] Ubuntu Utopic 14.10 en galego
Anton Meixome
meixome at certima.net
Fri Oct 24 18:04:22 UTC 2014
Así mellor:
...mantén o seu traballo de adaptación á nosa lingua local nun
altísimo nivel, nada menos que entre os únicos 9 do mundo que acadan o
100% , por riba de linguas coma o chinés e xunta o alemán, o español
ou o portugués cunhas comunidades de usuarios e colaboradores moito
máis numerosas, polo que só cabe dicir que o equipo galego suple
cantidade con calidade e esforzo.
:-)
Iso vos pasa por non ter preparada unha nota "de prensa" para o caso.
2014-10-24 19:49 GMT+02:00 Marcos Lans <marcoslansgarza at gmail.com>:
> Nada de cuartos como di a nova, estamos ao 100% de tradución con outros
> seis equipos, logo estamos de primeiros empatados :-) . É o algoritmo
> que usan o que nos coloca de 4º cun criterio pouco claro. Dá a impresión
> de beneficiar aos que traducen en bloque por riba dos que levan un
> traballo diario.
>
> On 24/10/14 15:03, Anton Meixome wrote:
>> http://osl.cixug.es/saiu-a-nova-ubuntu-14-10-utopic-unicorn/
>>
>> 2014-10-24 14:40 GMT+02:00 Anton Meixome <meixome at certima.net>:
>>> Pode ser esta a situación:
>>>
>>> http://projects.davidplanella.org/stats/utopic/gl
>>>
>>> Aí vese que a trad. estaba ao 100% sen a introdución desas cadeas novas. Mellor
>>>
>>> É para que a "foto" do traballo saia o mellor ou o máis exacta posible
>>>
>>>
>>> 2014-10-24 11:50 GMT+02:00 Anton Meixome <meixome at certima.net>:
>>>> 2014-10-24 11:25 GMT+02:00 Marcos Lans <marcoslansgarza at gmail.com>:
>>>>> Coido que esas cadeas novas saíron despois da conxelación da tradución.
>>>>> Se é así saímos co 100% de tradución.
>>>>
>>>> Pode ser pero en todo caso habería que acabar esa tradución porque é
>>>> típico que saia unha actualización de detalles aos poucos días de saír
>>>> a versión regular.
>>>>
>>>>>
>>>>> On 24/10/14 11:15, Anton Meixome wrote:
>>>>>> Acaba de saír.
>>>>>>
>>>>>> O nivel de cobertura baixa un chisquiño, ao 99 %. No entanto sigue
>>>>>> sendo a lingua minorizada ibérica en mellor posición.. só estamos á
>>>>>> altura do chinés.
>>>>>>
>>>>>> Creo que habería que presentar a correspondente queixa ao responsable
>>>>>> desta edición por introducir un aplicativo importante e a última hora,
>>>>>> cando estabamos confiados desde hai tempo en que estaba todo listo ao
>>>>>> 100%, que foi o que chafou o tema.
>>>>>>
>>>>>> En serio, gran traballo da comunidade. Grazas
>>>>>>
>>>>>> http://91.189.93.79:8081/stats/utopic
>>>>>>
>>>>>
>>>>> --
>>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
>>>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
>>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>>>>
>>>>
>>>>
>>>> --
>>>> Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
>>>> Galician community LibO & AOO
>>>
>>>
>>>
>>> --
>>> Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
>>> Galician community LibO & AOO
>>
>>
>>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
--
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list