[Tradutores-Ubuntu] Consulta: Looping sampler
Marcos Lans
marcoslansgarza at gmail.com
Mon Mar 24 20:20:52 UTC 2014
Finalmente optei por Mostreador de bucles. Aínda que é certo que
Mostreador non aparece nos dicionarios RAG nin Estraviz polo menos.
En 24/03/14 21:04, Román escribiu:
> Probablemente, o termo máis comprensible para os profesionais da
> música sexa o estranxeirismo «sampler».
>
> De preferir unha voz propia, o «mostreador» suxerido por M. Bouzada é
> o termo máis axeitado, na miña humilde opinión (ignoro se está nalgún
> dicionario; empregar «mostrador» sería claramente un erro, ademais de
> dar lugar a moitos equívocos). Outros termos similares, como
> «secuenciador», non se poden usar porque xa denotan a outros aparellos
> diferentes relacionados coa música dixital.
>
> Para mostra, deixo un par de referencias a continuación. Nótese que
> tanto en español coma en portugués se usa o estranxeirismo de forma
> habitual. En francés, se estou no certo, emprégase «échantillonneur».
>
> http://www.wordreference.com/enpt/sampler
> http://www.wordreference.com/enes/sampler
> http://gl.wikipedia.org/wiki/Sampler
> http://es.wikipedia.org/wiki/Sampler
>
> Román
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list