[Tradutores-Ubuntu] Cabeceira nas respostas en Thunderbird

Enrique Estévez Fernández keko.gl at gmail.com
Wed Jan 22 11:28:49 UTC 2014


Ola a todos.

Estiven buscando a cadea e cando a atopei, vin que só se pode resolver unha
das dúas suxestións.

Pódese cambiar o En por O, e haberá que cambialo porque acae mellor.

Pero a data e a hora están representadas cunha soa variábel. Xa falei cunha
persoa que coñezo no equipo de l10n e comentame que habería que crear un
bug para solicitar que na cadea orixe dividan esa variábel en dúas, para
que despois  nos a podamos traducir como queremos.

A ver como ando de tempo e se o propoño, ou con sorte o propón a propia
persoa coa que falei.

Saúdos e grazas polo aviso.


2014/1/17 Manuel X. Lemos <mxlemos at openmailbox.org>

>
>
> Agora que me lembro, un tema sobre Thunderbird. A cabeceira que insire
> ao responder a unha mensaxe, por exemplo:
>
> "En 16/01/14 22:19, Manuel X. Lemos escribiu:"
>
> Penso que estaría mellor así non?
>
> "O 16/01/14 ás 22:19, Manuel X. Lemos escribiu:"
>
> Por certo, aviso aquí porque é a única lista onde estou.
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list