[Tradutores-Ubuntu] Importar a launchpad

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Tue Oct 15 08:14:45 UTC 2013


Para que xa quede para outra ocasión ...

Os .po de launchpad teñen, nas cabeceiras, unha liña específica, polo que
para facer algo como o que pretende Marcos temos que:

1.- descargar o .po que queremos actualizar
2.- abrilo cun editor de texto simple e veremos...

msgstr ""
"Project-Id-Version: mixxx\n"
"Report-Msgid-Bugs-To: FULL NAME <EMAIL at ADDRESS>\n"
"POT-Creation-Date: 2013-05-09 15:12+0200\n"
"PO-Revision-Date: 2013-08-19 06:20+0200\n"
"Last-Translator: Miguel Anxo Bouzada <mbouzada at gmail.com>\n"
"Language-Team: Galician <proxecto at trasno.net>\n"
"Language: gl\n"
"MIME-Version: 1.0\n"
"Content-Type: text/plain; charset=UTF-8\n"
"Content-Transfer-Encoding: 8bit\n"
"Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1);\n"
"X-Generator: Virtaal 0.7.0\n"
"X-Launchpad-Export-Date: 2013-08-18 16:44+0000\n"

fixádevos na última liña ...
*"X-Launchpad-Export-Date: 2013-08-18 16:44+0000\n"*

3.- agora imos ao ficheiro que queremos enviar (neste caso o procedente de
gnome) e copiamos/engadimos nel esa liña, na mesma posición (a última do
bloque de cabeceiras)

4.- Enviamos o ficheiro dentro do Launchap ...e listo
Cando o robot de Launchpad verifica o ficheiro, se non atopa esa liña
rexeitará o ficheiro.


2013/10/15 Antón Méixome <certima at certima.net>

> Descarga primeiro o ficheiro de Launchpad, actualízao coas traducións
> de Gnome e vólveo subir, o de Launchpad.
>
>
> Outra cousa Marcos e todos,
>
> Hai alguén preparando unha nota sobre a inminente publicación da 13.10
> para dala a coñecer así como a actividade do UGT?
> Pode servir como modelo algunha das que xa publicou Trasno das
> anteriores. É interesante traducir a nota de prensa de Canonical tamén
>
>
> http://www.trasno.net/2013/05/ubuntu-raring-tail-13-04-en-galego/
> http://www.trasno.net/2012/10/node239/
>
> http://www.trasno.net/2012/04/ubuntu-12-04-precise-pangolin-xa-disponibel-en-galego/
>
> 2013/10/15 Marcos Lans <marcoslansgarza at gmail.com>:
> > Hai algún truco para que launchpad importe un po descargado de Gnome?
> > Tento actualizar o ficheiro de Evolution pero non mo admite.
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
Membro de «The Document Foundation Projects»
http://www.documentfoundation.org/foundation/members
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list