[Tradutores-Ubuntu] dúbida con scope
Marcos Lans
marcoslansgarza at gmail.com
Mon Jul 15 20:09:30 UTC 2013
O certo é que tería varias traducións e unha delas sería esa pero non
estou seguro de que en Unity teña ese significado, dáme a impresión de
que ten máis un significado de «Mira» ou «Telescopio». Os scopes son
engadidos que se lle poden facer ás Lentes de Unity para obter buscas
máis específicas na web. A miña elucubración é que LENS e SCOPE están
escollidos como termos relacionados coa óptica.
En 15/07/13 21:34, Leandro Regueiro escribiu:
> 2013/7/15 Marcos Lans <marcoslansgarza at gmail.com>:
>> Ola
>>
>> Encontro a palabra SCOPE e non sei se hai algún acordo de como traducilo en
>> relación co Unity:
>>
>> Alcance
>> Ámbito
>> Busca en liña..
> Habería que mirar se acae ben, pero polas notas que teño eu parece ser
> que «ámbito» e a opción máis popular.
>
> Deica
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list