[Tradutores-Ubuntu] Actualización cara a v 13.04
Enrique Estévez Fernández
keko.gl at gmail.com
Thu Apr 18 16:16:03 UTC 2013
Ola.
Nin sabía que aínda estaba subscrito a esta lista. Pensei que ao non
renovar o usuario en Launchpad, se perdera a subscrición.
Eu tampouco podo. E máis, ando buscando relevo para Mozilla.
Moi bo traballo Miguel. Unha mágoa que sexamos tan poucos e sen relevo por
detrás.
Saúdos.
2013/4/18 Antón Méixome <certima at certima.net>
> 2013/4/18 damufo <damufo at gmail.com>:
> >
> > En 18/04/2013 15:14, Leandro Regueiro escribiu:
> >
> >> 2013/4/18 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
> >>>
> >>> Visto que (case) ninguén se preocupa da tradución de Ubuntu, aínda que
> xa
> >>> declarei o meu nulo interese en seguir coordiando (e traducindo) visto
> >>> que
> >>> tiña descendido ata o posto 20 (no que se refire ao «core» de Ubuntu)
> >>> traballei un chisco e agora xa está no posto 15.
> >>>
> >>>
> http://people.canonical.com/~dpm/stats/ubuntu-12.10-translation-stats.html#
> >>
> >> Ola,
> >> moitas grazas polo esforzo.
> >
> > +1
>
> Un excelente traballo.
>
> Pola miña parte, agora tampouco teño dispoñibilidade máis alá de facer
> algunha que outra colaboración.
> É unha mágoa porque se podería manter con relativo pouco esforzo.
>
> Antón
>
>
>
> >
> >
> >>
> >>
> >>> Sería importante que alguén se postulase para facerse cargo, se é que a
> >>> alguén lle interesa esta distribución, e que lle adique as horas que eu
> >>> xa
> >>> non podo adicarlle por ter máis interese noutros proxectos.
> >>
> >> Eu xa adianto que non me postulo. Tampouco teño pensado colaborar de
> >> forma activa nun futuro próximo debido a problemas de falta de tempo e
> >> tamén por ter máis interese noutros proxectos.
> >>
> >> Deica
> >>
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list