[Tradutores-Ubuntu] O Proxecto Trasno organiza a Trasnada 12.0

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Thu May 10 11:49:57 UTC 2012


Ola,
comunícovos que o Proxecto Trasno vai celebrar os días 18 e 26 de maio
a Trasnada 12.0.

O venres 18 de maio farase unha presentación de que é o software
libre, que é a localización de software libre, e tamén que é o
Proxecto Trasno, cal é a súa historia e como se pode colaborar con el.
O sábado 26 de maio organizaranse de forma paralela unha sesión de
terminoloxía, e un obradoiro de localización ao que poden asistir
todas aquelas persoas que queiran aprender máis sobre como traducir
software libre (ou sobre como empregalo para traducir) e ao que por
suposto todos vós estades convidados e convidadas.

Dispoñedes de máis información en http://trasno.net/trasnada120

Pregamos que lle deades a máxima difusión posible.

Moitas grazas.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list