[Tradutores-Ubuntu] Novo coordinador

Román roman.pena.perez at gmail.com
Sat Feb 11 01:50:56 UTC 2012


2012/2/10 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
> Por razóns puramente persoais, estou a pensar abandonar totalmente as
> traducións. Creo que nesta situación non son o mellor coordinador posíbel
> para este equipo, polo que sería bo que discutirades quen pode ser o meu
> substituto.
>
> m. Bouzada
>
> --
> Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


 Ola,

 Para min sería unha verdadeira mágoa. Pase o que pase, quero
agradecer dende aquí o gran traballo que, na miña humilde opinión,
Miguel Bouzada realizou durante todo este tempo. Moitas gracias!

 En relación ao tema da sucesión, de se dar o caso, supoño que os
membros realmente activos son os que deben optar ao posto, así como
chegaren a un acordo para propoñer un sucesor. En caso de que non
haber consenso, podemos recorrer a sometelo a votación, pero espero
que non faga falta.

 Máis nada. Esta é a miña postura, dende a miña posición de membro
totalmente inactivo, pero agradecería escoitar a dos que non estean de
acordo.

 Un saúdo,

 Román



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list