[Tradutores-Ubuntu] Recompilación tras a conxelación da 11.04

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Sat Apr 23 09:41:14 UTC 2011


Neste momento volvemos a estar no posto 17 de idiomas máis traducidos cun
68,11% xa traducido e quedando pendentes 117.461 de 368.304 totais

Compriría que os que traducides en "trunk" fixerades unha revisión
exhaustiva de todas as cadeas dos ficheiros nos que traballades, xa que como
neses ficheiros entra calquera, atopámonos con que cada quen emprega un
criterio distintos e as traducións son moi diversas.

Onte o desenvolvedor de ClamTk enviou un correo:

*Hello all,

ClamTk 4.32 will be released soon.  There are no new strings for
translation; however, there is time to update the language files if
needed.

Please let me know if there are any questions, and thank you as always!

https://translations.launchpad.net/clamtk*

Cando entrei nel ao ver que xa estaba traducido atopeime con este problema
que veño de comentar. A titulo de lembranza indicarei algún dos erros máis
habituais (non digo que sexa este caso concreto, senón en xeral)
Window → debe traducirse só por xanela cando estamos na metáfora de
escritorio, quedando o uso opcional de fiestra cando se fala dun elemento
construtivo « as fiestras da miña casa»
deben empregarse as comiñas latinas « e » no canto das comiñas dobres
inglesas " da comiña simple ' e dos tiles (que as veces empregan os
programadores) ` e '
«by default» tradúcese por «predeterminado/a» e nunca por «por defecto»
excepcionalmente o texto require o emprego de «por omisión», mais lembremos
que non é o mesmo
a voz «predefinido» aplicase cando se fala de «preset» e incluso (aínda está
sen discutir) para «preseed»
Lembrade que os erros «producense» no aparecen por que si... «produciuse un
erro ao abrir o ficheiro....» o mesmo acontece con «fallo/fallou»
Decidiuse que iamos empregar sempre «non é posíbel» ou «non foi posíbel» no
canto de:  non (se) puido, non (se) pode, etc...
e... aínda hai quen emprega «Arquivo» para «File», lembrade que é
«Ficheiro», agás cando se fala de «Archive» ou de paquetes/comprimidos onde
entón si é Arquivo.
Estamos a substituír Acerca (de ...) por «Sobre»

Sería importante que vexades
http://www.trasno.net/content/resultados-das-trasnadas

E que buscarades información no wiki de Trasno fundamentalmente en:
http://wiki.trasno.net/Recursos

Para rematar por hoxe... empregade a lista de Trasno para calquera consulta
ou dubida (por parva que semelle), se é unha consulta de termos, etiquetade
o asunto con « [Terminoloxía] termo-asunto_da_consulta » para facer doada a
busca posterior.

A ver se para a próxima versión acadamos o posto 16... xa só faltan 6.000
cadeas, que tendo en conta que os chineses (tradicional) tamén lle dan arreo
poden ser sobre 10.000 cadeas novas. Se temos en conta que nestes tres
últimos meses eu fixen (entre revisións e cadeas novas) máis de 20.000 creo
que entre todos podemos acadalo.

-- 
 /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
_\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list