[Tradutores-Ubuntu] [Terminoloxía] Novo ficheiro/documento vs. Ficheiro/Documento novo

Román roman.pena.perez at gmail.com
Mon Apr 11 10:32:43 UTC 2011


2011/4/9 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
> Despois de formularlle unha dúbida ao noso insigne (é oficial :-D) lingüista
> fixo unha das súas "aclaratorias" que creo que é preciso compartir.
>
> A miña pregunta:
> *Bótalle un ollo a isto... son as tradus de LibreOffice para a interface
> Unity
> teño a dúbida na última... puxen cousas como:
> Base de datos nova, teño para min que quedaría mellor Nova Base de
> datos, mais teño a dúbida dese B de base, maiúsculo ou minúsculo ?
> *
>
> É algo que me veño preguntando ultimamente
>
> Por que soa peor ler nos menús dun aplicativo  "Ficheiro novo"  e soa mellor
> "Novo ficheiro".
>
> En principio vai contra o sentido normal da lingua... pero creo que a clave
> é que non son o mesmo. Preferir "ficheiro novo" é unha recomendación de
> estilo moi antiga, que xeralmente se pode aceptar como a forma máis natural,
> menos marcada, pero nestes casos creo que non. Entramos noutro terreo. Por
> un lado temos o estilo sintético, nominativo, case telegráfico que nos fai
> prescindir do verbo correspondente.
>
> (Crear/Abrir un) Novo ficheiro     <<<isto non é unha descrición senón unha
> orde>>
>
> Isto quere dicir que é "outro máis", que se vai incorporar algo do mesmo
> tipo pero unha novidade
>
> Este é un ficheiro novo  <<isto é unha descrición>>
>
> Isto quere dicir que o ficheiro é recente, actual, que ten pouco tempo. Así
> que "abrir un ficheiro novo" quere dicir que os vellos non os buscamos para
> abrir. Non é iso o que queremos expresar.
>
> En resumo que son dous valores sutilmente diferentes do adxetivo "novo"
> xunto co feito de encontrarse en frases de distinta intención (imperativa
> --facer-- /afirmativa --ser--). Por aí tería sentido que aos nosos oídos o
> valor de executar unha acción, que engade ou incorpora algo sería
> "novo+alcalde" que é moi distinto de ser "alcalde+novo". Non é mesmo dicir
> "está facendo unha nova actividade" (como continuación dunha serie) que
> "está facendo unha actividade nova" (non vista ata agora). O complicado é
> que os falantes xogamos coa énfase e o "peso" expresivo pero creo que se
> entende.
>
> O que me facía desconfiar é o feito de que o castelán preferise esta mesma
> colocación. Como o castelán é unha lingua dominante que interfire na nosa
> sintaxe de modo grave... pois iso, pero despois de ver que os brasileiros
> fan exactamente a mesma construción xa me convenzo que non se trata dunha
> perversión moderna é que é o adecuado para nós. Facer o contrario sería caer
> no outro extremo, a "hipercorrección".
>
>
> Noutro correo engade...
>
> --
>  /\  Dia da liberdade dos documentos -  Libera os teus documentos
> _\/` http://documentfreedom.org/     -  30 de marzo de 2011
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>

 Gustaríame engadir que, á hora de traducir menús, tamén hai que ter
en conta a ergonomía. Hai estudos que amosan que é moito máis rápido e
sinxelo, para un usuario, atopa-la entrada de menú que busca cando
todas son rapidamente diferenciables pola primeira letra (e mellor
aínda se a letra de acceso rápido coincide con esta). Certo é que
falamos de moi pouca ganancia: de media décima de segundo a un ou dous
segundos, pero ao longo do día (de 8 a 10 horas de traballo, poñamos)
supoñen unha boa diferencia -non tanto en tempo, coma en fatiga ocular
e mental- [Sinto non poñer un enlace a algún deses estudos, pero agora
mesmo non son quen de atopalos :-/ ].

 Así que, neste caso concreto, ademais de polas razóns aportadas, a
ergonomía tamén apoia que se use "_N_ovo Ficheiro" no lugar de
"Ficheiro _N_ovo".

 Román



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list