[Tradutores-Ubuntu] Erros no aplicativo Fontes de software

Enrique Estévez Fernández keko.gl at gmail.com
Tue May 18 16:15:55 BST 2010


Boas.

Como non, sigo a revisar o manual de Ubuntu para que coincida o que
vai no manual coa interface de Ubuntu. A ver se acabo dunha vez. Hoxe
conto rematar.

Estou co aplicativo Fontes de software e atopo o seguinte:

Nalgunhas partes non se está seguindo a convención que se acordou
sobre as maiúsculas, é dicir, todas as palabras dun título en
maiúsculas, que fan en inglés e nos en galego non. Anexo captura de
pantalla fontes-de-software-1.png. Un exemplo:

Escolla un Servidor de Descargas (título da xanela) ou Escoller
Servidor (botón). Aínda que hai máis. Revisade iso.

Agora unha posible mellora na tradución dalgunha cadea, xa que no
Manual hai algunha tradución que ao mellor lle acae mellor que a que
temos hoxe en día no Fontes de software. Anexo captura de pantalla
fontes-de-software-0.png.

Software de código aberto asistido por Canonical (main)
Posíbel proposta: Software de código aberto con asistencia de Canonical (main)

Controladores propietarios de dispositivos (restricted)
Posíbel proposta: Controladores privativos para dispositivos (restricted)

Software restrinxido por razóns de copyright ou legais (multiverse)
Posíbel proposta: Software restrinxido por dereitos de explotación ou
aspectos legais (multiverse)

Esta sae na mensaxe que aparece cando modificas os repositorios e
dáslle ao botón Pechar:

A información sobre o software dispoñíbel está anticuada
Posíbel proposta: A información sobre o software dispoñíbel está desactualizada

Por agora esas. Se atopo máis, xa aviso.

Unha aperta.
-------------- next part --------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: fontes-de-software_1.png
Type: image/png
Size: 53174 bytes
Desc: not available
Url : https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-l10n-gl/attachments/20100518/01e31d71/attachment-0002.png 
-------------- next part --------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: fontes-de-software_0.png
Type: image/png
Size: 48821 bytes
Desc: not available
Url : https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-l10n-gl/attachments/20100518/01e31d71/attachment-0003.png 


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list