[Tradutores-Ubuntu] Erro na tradución de Brasero
Enrique Estévez Fernández
keko.gl at gmail.com
Wed May 12 13:55:04 BST 2010
Boas.
Estou pesado pero é o que ten comprobar que o manual de Ubuntu
corresponda co que temos traducido. É un choiazo porque despois haberá
que volver a modificalo, pero agora queremos que a xente se encontre
exactamente o mesmo. Para xuño cando saia a nova versión xa estarán
arranxados todos estes problemas e haberá que volver a modificalo no
manual, pero así é a vida.
Ao que ía. No Brasero, anexo captura de pantalla hai algunha incoherencia.
Se vos fixades, nas iconas (barra de ferramentas no panel da
esquerda), pon Proxecto de audio e Copia de disco.
Cando vades ao menú (barra de menú) Proxecto e Proxecto novo (eu aquí
case poría Novo proxecto) tedes unha serie de proxectos. Se vos
fixades non coinciden cos da barra de ferramentas que citei antes.
Proxecto de son e Copiar o disco...
Eu creo que deberían coincidir.
Unha aperta.
-------------- next part --------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: Erros-brasero.png
Type: image/png
Size: 141776 bytes
Desc: not available
Url : https://lists.ubuntu.com/archives/ubuntu-l10n-gl/attachments/20100512/7b822ed2/attachment-0001.png
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list