[Tradutores-Ubuntu] [Terminoloxía] enable/disabled activated/deactivated
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Mon May 10 14:08:11 BST 2010
2010/5/10 Antón Méixome <certima at certima.net>:
> 2010/5/10 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>
>
>> > Faltaría máis ;-). A "primeira" sería "enable" -que traduciría por
>> > "habilitar"-,
>>
>>
>> polotanto disable → inhabilitar?
>>
>> A cousa é que o acordado é que enable/disable está a traducirse como
>> activar/desactivar, pero neste caso a función disabel refirese máis ao que
>> dicia Antón, de desmontar, desarmar, literalmente sería "discapacitar" ou
>> "incapacitar", pero non teño nada claro que sexa correcto.
>>
>>
> discapacitar, incapacitar, inhabilitar
>
> Palabriñas moi delicadas. Tendemos a asocialas exclusivamente a persoas, do
> que se derivaría que son incorrectas neste uso pero segundo o vello
> dicionario da RAG sería válido dicir
>
> O usuario inhabilitou o aplicativo
> O usuario incapacitou o aplicativo
>
> Hai dúbidas de se sería válido:
>
> O usuario discapacitou o aplicativo
>
> Teño para min que se lles foi un pouco a man aos da RAG. Unha cousa son os
> usos figurados e outra que se dea como regular, que nos refiramos a cousas
> ou persoas. Hai que lembrar que todas veñen de "capaz" ou "hábil" que son
> características netamente humanas (vale, non para todos e non sempre :-)
>
> Consello: Non meterse en xardíns innecesarios. Buscar unha tradución que dea
> a entender a diferencia e punto. Continuar como se nada con
>
> activar/desactivar (válidas para obxecto pero tamén, en sentido figurado,
> para persoas: "activar ao axente")
Teño unha pequena confusión. Debemos seguir usando "activar"="enable"
en todo caso excepto neste programa?
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list