[Tradutores-Ubuntu] [Terminoloxía] enable/disabled activated/deactivated

Román roman.pena.perez at gmail.com
Mon May 10 13:40:12 BST 2010


2010/5/10 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
>>  Faltaría máis ;-). A "primeira" sería "enable" -que traduciría por
>> "habilitar"-,
>
>
> polotanto disable → inhabilitar?
>

  Si, iso mesmo. Pero só é a miña opinión

> A cousa é que o acordado é que enable/disable está a traducirse como
> activar/desactivar, pero neste caso a función disabel refirese máis ao que
> dicia Antón, de desmontar, desarmar, literalmente sería "discapacitar" ou
> "incapacitar", pero non teño nada claro que sexa correcto.
>
>

 Igual me expliquei mal. Digo que, neste caso concreto, traduzamos de
forma excepcional, pero que no resto de aplicacións continuemos a usar
o mesmo criterio que xa se viña empregando.
 Con respecto á terminoloxía concreta, non creo que a que se usa no
orixinal sexa algo estandarizado, simplemente buscaron dúas palabras
similares para dúas funcións parecidas, pero penso que non é ningún
tipo de termo técnico. Por comparar, ten bastante máis sentido (e polo
tanto hai que traducir con coidado) a diferencia entre "restart" e
"reload" cando falamos de volver cargar un servizo que xa está a se
executar. Pero opino que neste caso non é importante que palabras
usemos, con tal de diferenciar entre ambas funcións de forma
coherente.
 Por suposto, podo estar equivocado.

 (Por certo, é cuestión de gustos, pero o de "incapacitar", ou
"discapacitar", non me gusta nada. Soa como se lle escachásemo-las
pernas en plan mafioso :).

 Román



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list