[Tradutores-Ubuntu] Informar das corrección de aplicativos GNOME en Launchpad
Fran Diéguez
listas at mabishu.com
Sat May 8 21:48:27 BST 2010
Ola a todos,
como coordinador do GNOME quero comentar un par de cousas sobre as
traducións de aplicativos de GNOME en Launchpad.
Estou facendo unha análise preliminar para ver as cadeas dos distintos
aplicativos de GNOME que foron corrixidos e/ou modificados en Ubuntu
para posteriormente integralos (se corresponde, e son correctos) no
GNOME. Con isto non só Ubuntu se beneficiará das posíbeis correccións
senón tamén as demais distribucións (aínda que non as empreguemos).
Lamentablemente vexo que poucos aplicativos se salvan de correccións
menores polo que o traballo vai ser intensivo.
Agradecería (por non dicir que pregaría/obrigaría) que cada vez que se
atope un erro en GNOME ou queira facer unha modificación que se faga
como até o de agora en Launchpad pero ademais sexa notificado polas
canles indicadas en http://l10n.gnome.org/teams/gl ou mesmo enviándome
un correo a min seguindo un esquema sinxelo como por exemplo:
* "descrición do erro"
Enderezo ao erro en Launchpad
Por exemplo:
* cambiar "non se soporta" a "compatíbel"
https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/lucid/+source/gnome-vfs/+pots/gnome-vfs-2.0/gl/+translate?batch=10&show=all&search=Unsupported+operation
Nesta rolda teño manifestado en múltiples ocasións que a corrección ou
melloras feitas nos distintos aplicativos, sexan do proxecto que sexan,
é imprescindíbel que sexan levadas aos lugares orixinais. Así como a
distribución (Ubuntu) se aproveita dos esforzos nos distintos proxectos
temos que tentar devolver o noso esforzo como contraprestación.
Desculpade a rectitude na mensaxe (para nada usual en min), máis é un
asunto moi importante polo menos para min.
Saúdos
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list