[Tradutores-Ubuntu] GUFW

damufo damufo at gmail.com
Thu Mar 25 11:49:09 GMT 2010


Boas:
Aínda non acabo de entender porque un termo que ten tradución en galego 
como é o caso, desperta tanto rexeitamento.
Canto máis se empregue o termo en inglés menos soará o termo galego. E 
máis motivos para empregar o termo en versión orixinal.
A ignorancia non xustifica que lle chamemos firewall a devasa porque non 
nos soa ou non coñecemos o termo devasa. De feito penso que é unha moi 
bo práctica a de recuperar termos que caen en relativo desuso.


[OFF TOPIC] (como unha casa)
Meu pai fixo hai non moito tempo ,un curso impartido por unha portuguesa 
sobre 'O portugués nos negocios'. Pois resulta que en dito curso, 
profesora, indicou que o almorzo se chamaba lunch. Meu pai preguntou se 
non sería almorzo e díxolle que iso era antigo e apenas se usaba na 
actualidade.
Penso que esta é a mentalidade que fai que desaparezan/fusionen... as 
linguas (non vou a entrar en se é bo/malo/inevitable...).

Desculpas pola paragrafada. ;-)





En 2010/03/25 12:12, Leandro Regueiro escribiu:
> 2010/3/25 Indalecio Freiría Santos<ifreiria at gmail.com>:
>> Boas,
>> Eu non sei se será máis correcto devasa ou cortalumes, o que si podo dicir é
>> que estiben varios anos traballando nas cuadrillas anti-incendios, e pódovos
>> asegurar que nin dios sabe o que é unha devasa.
>> Cortalumes como tal está claro que non está aceptado, pero corta-lumes? A
>> min o corrector ortográfico dámo por bo.
>
> Eu non sei se "cortalumes" está aceptado ou non. Só digo que non
> atopei referencia ningunha a el. Que o confirmen outros se tal. Se non
> está aceptado entón usemos "devasa".
>
> Respecto ao da metáfora, creo que a idea é evitar que os problemas, ou
> paquetes non se espallen a partir dun determinado punto (firewall),
> igual que unha devasa nun monte evita que o lume se espalle dun lado a
> outro. Non sei se me explico...
>
> Ata logo,
>                        Leandro Regueiro
>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list