[Tradutores-Ubuntu] Seccións sen traducir en Ubuntu Lucid alfa 2

suso suso.baleato at gmail.com
Wed Mar 3 21:42:32 GMT 2010


Sí claro, non me vaiades interpretar mal. A min paréceme moi ben este
traballo que facedes, e penso que complementa moi ben o de Mozilla. O único
que podería ser problemático é o de distribuirdes binarios non-oficiais;
para eso entón é mellor que asumades a coordenación oficial de Mozilla, e
así xa xerades binarios oficiais, que pasen polos estándares de calidade da
Fundación, etc, etc. 

Digo eu, non?

@bouzada: a Trasno tamén chegou o aviso só revisa o correo da rolda.

Enrique Estévez Fernández escrebeu:
> Ola a tod at s.
> 
> Eu estou a facer unha revisión de Firefox, da cal hai xente que está
> ao tanto e agora comento algún detalle máis:
> 
> A revisión xorde porque a próxima versión de Ubuntu é unha LTS e nos
> desde a Oficina vamos a realizar a correspondente adaptación a
> universidade para que se implante nas aulas para o vindeiro curso.
> Debido a isto queremos que a localización ao galego sexa o máis
> homoxénea posible e por iso no noso plano de actuacións para o ano
> 2010 así temos planificadas as colaboracións coa comunidade e o noso
> papel dentro de cada proxecto.
> 
> A revisión de Firefox non ía ser unha revisión, se non simplemente
> unha comprobación do estado da tradución, pero debido a que
> encontramos unha tradución que non integraba ben con GNOME e coa
> futura tradución de Ubuntu, decidiuse facer dita
> revisión-modificación. Desta revisión sairá un informe que será
> enviado ao coordinaador e ao equipo de tradución ao galego do Firefox
> para que sepan do traballo realizado e que decidan segundo o seu
> criterio se queren aproveitar o traballo realizado pola OSL. Tamén
> será enviado dito informe ao equipo de Ubuntu. En calquera caso a OSL
> si que incluirá a súa revisión na nova versión da Ubuntu-USC para
> obter unha mellor integración co resto de traducións que formen parte
> da mesma.
> 
> En ningún momento se pretendeu ser irrespectuoso co traballo de ningún
> tradutor nin con ningunha comunidade. Anteriormente, Suso como
> coordinador do Firefox, xa recibiu aviso do traballo que se estaba
> realizando e se lle ofreceu por se o consideraban útil para
> aproveitalo.
> 
> A revisión por agora so abarca ao ficheiro firefox-3.6 e queda
> pendente de realizar o traballo no ficheiro xulrunner. O informe da
> primeira parte xa está cociñado e a falta duns flecos, en breve será
> enviado a quen corresponde e se non hai inconvinte farase público
> nesta lista.
> 
> Saúdos.
> 
> 
> 
> 2010/3/3 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>:
> > Suso,
> >
> > tes toda a razón no do Código de Conducta, e debemos aplicárnola en
> > primeira instancia a nós mesmos, sobre todo o "Be respectful"...
> >
> > Máis non tomes as correcións como ataques, a correción de Keko vai con
> > todo o bo sentido do mundo. Todo sexa por mellorar a tradución.
> >
> > Saúdos.
> >
> >>
> >> Tal como se sinala no Código de Conducta de Ubuntu [1], debemos ser
> >> respeitosos co traballo dos demais e fomentar a colaboración entre
> >> proxectos, dentro e fora de Ubuntu, evitando as confrontacións persoais.
> >>
> >> Pídenme en correo privado que, como coordenador oficial da galeguización
> >> de Mozilla, resposte a esta mensaxe pedindo respeito para o noso traballo
> >> -que é tan falibel como o dos demais- e ofrecendo toda a colaboración por
> >> parte nosa para resolver calquera posibel incidencia.
> >>
> >> Queda feito pois ese ofrecemento á colaboración, que de feito vou extender
> >> ofrecendo mesmo a coordenación oficial da equipa de galeguización de
> >> Mozilla pois, como algúns saberedes, veño de propoñer ser relevado dise rol
> >> por outra persona[2]. Esto non só vos permitiría integrar no binario oficial
> >> os cambios precisos mais tamén sería un xeito positivo de tornar construtiva
> >> esa crítica destrutiva que só consigue enfrentar e dividir a unha comunidade
> >> que debería permanecer sempre unida.
> >>
> >> Convido pois ao remitente desa mensaxe, a Keko así como a calquera outra
> >> persona que quixera asumir a coordenación da galeguización de Mozilla a
> >> candidatarse con só avisar na rolda oficial: galician at mozdev.org
> >>
> >> Saúdos,
> >>
> >> [1] http://www.ubuntu.com/community/conduct
> >> [2] https://roldas.g11n.net/pipermail/comunidade/2010-February/000047.html
> >>
> >
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
> 
> -- 
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

-- 
http://susinho.pagina.de/



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list