[Tradutores-Ubuntu] Seccións sen traducir en Ubuntu Lucid alfa 2

Fran Dieguez listas at mabishu.com
Wed Mar 3 19:44:26 GMT 2010


Suso,

tes toda a razón no do Código de Conducta, e debemos aplicárnola en 
primeira instancia a nós mesmos, sobre todo o "Be respectful"...

Máis non tomes as correcións como ataques, a correción de Keko vai con 
todo o bo sentido do mundo. Todo sexa por mellorar a tradución.

Saúdos.

>
> Tal como se sinala no Código de Conducta de Ubuntu [1], debemos ser
> respeitosos co traballo dos demais e fomentar a colaboración entre
> proxectos, dentro e fora de Ubuntu, evitando as confrontacións persoais.
>
> Pídenme en correo privado que, como coordenador oficial da galeguización
> de Mozilla, resposte a esta mensaxe pedindo respeito para o noso traballo
> -que é tan falibel como o dos demais- e ofrecendo toda a colaboración por
> parte nosa para resolver calquera posibel incidencia.
>
> Queda feito pois ese ofrecemento á colaboración, que de feito vou extender
> ofrecendo mesmo a coordenación oficial da equipa de galeguización de
> Mozilla pois, como algúns saberedes, veño de propoñer ser relevado dise rol
> por outra persona[2]. Esto non só vos permitiría integrar no binario oficial
> os cambios precisos mais tamén sería un xeito positivo de tornar construtiva
> esa crítica destrutiva que só consigue enfrentar e dividir a unha comunidade
> que debería permanecer sempre unida.
>
> Convido pois ao remitente desa mensaxe, a Keko así como a calquera outra
> persona que quixera asumir a coordenación da galeguización de Mozilla a
> candidatarse con só avisar na rolda oficial: galician at mozdev.org
>
> Saúdos,
>
> [1] http://www.ubuntu.com/community/conduct
> [2] https://roldas.g11n.net/pipermail/comunidade/2010-February/000047.html
>




More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list