[Tradutores-Ubuntu] Erro no software-properties
Leandro Regueiro
leandro.regueiro at gmail.com
Thu Jun 24 11:44:28 BST 2010
2010/6/24 Román <roman.pena.perez at gmail.com>:
> 2010/6/23 Fran Diéguez <listas at mabishu.com>:
>> Ola rapaces,
>>
>> esqueceuse remitilo pero aquí vou.
>>
>> O outro día dando o curso a técnicos na USC topamos un problema na
>> tradución do "Fontes de software" no separador Software de terceiros
>> cando fas un cambio embaixo aparece "Recuperar". Este botón enténdese
>> como que vas a actualizar os índices cos cambios feitos pero NON!
>> desfaiche todos os cambios.
>>
>> Eu propoño cambialo para "Restabelecer todo" ou "Restabelecer" vos
>> diredes. Penso que é máis autodescritivo.
>
> Dúas opcións máis: "Desfacer" e "Reverter" (coa posibilidade de
> engadirlle " cambios", ó final, a ambas).
>
> Román
Pero cal é o texto orixinal? En principio valerían "reverter" ou
"restablecer", creo eu.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list