[Tradutores-Ubuntu] Erro en dpkg ao instalar paquetes non confiábeis

Román roman.pena.perez at gmail.com
Thu Jun 24 08:20:14 BST 2010


2010/6/23 Fran Diéguez <listas at mabishu.com>:
> Ola rapaces,
>
> topei un erro grave sobre todo para usuarios avanzados.
>
> Cando queres instalar un paquete deb desde un repositorio que no é
> fiábel por mor de non ter a chave gpg correspondente instalada salta
> unha mensaxe tal que:
>
> "Os paquetes non fiables poden comprometer a seguridade do seu sistema.
> Só debería continuar coa instalación se está seguro de que é o que quere
> facer.
>
>  blablabbla
>
> Quere ignorar este aviso e continuar igualmente?
> para continuar, introduza «Si»; para interromper, introduza «Non»: "
>
> O problema é que o «Si» e o «Non» se os escribes así non funcionan e
> terías que escribir yes ou no segundo sexa.
>
> Non sei quen traduciu isto pero que o teña en conta.
> Saúdos
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>

 Ola,

 Se é posible traduci-las posibles respostas, conviña, como ocorre con
outros aplicativos de consola, que se admitan ambas respostas, en
Galego e máis en Inglés: «Si» e «Yes» e «S» e «Y» para dicir que si,
«Non» e «No» e «N» para dicir que non (en realidade, as respostas
curtas, dunha soa letra, poden ser consideradas inválidas, coma sucede
en emacs cando queres saír sen gardar, dependendo da utilidade).

 Digo isto porque é de moita utilidade cando tratas de lanzar un guión
de liña de ordes e emprega-la utilidade "/bin/yes", por exemplo, para
facer algo de forma desatendida, sen ter que preocuparte de que
programas están traducidos e cales non. Se non lembro mal, /bin/rm, ou
aptitude, apt-get e demais familia, por citar dous casos, aceptan
ambas respostas... pero falo de memoria, así que igual me equivoco de
programas.

 Saúdos,
 Román



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list