[Tradutores-Ubuntu] Seccións sen traducir en Ubuntu Lucid alfa 2

Fran Dieguez listas at mabishu.com
Tue Feb 23 13:10:17 GMT 2010


Pois comezamos a conta atrás... aínda que falten dous meses, así non teremos
tanto traballo xunto.

Logo de instalar nunha VM a nova lucid e actualizala, mentres escribo isto
atopo os seguintes problemiñas.

Computer Janitor, totalmente sen traducir.
Personal file sharing, totalmente sen traducir. supoño que na sincronización
con gnome solucionarase, isto é o paquete gnome-user-share
gbrainy, xa completei tanto o aplicativo como a documentación do mesmo, na
seguinte sincronización de gnome está solucionado.

Erros nas entradas do menú aplicativos:
Pitivi video editor, aparece sen traducir, o aplicativo sí está traducido.
Firefox web browser, máis do mesmo que o anterior... de todas formas segue
aparecendo o de Colar. Isto é un punto serio coñezo xa a bastante xente que
rexeita empregar o firefox por esa tradución o que me obriga a poñerllo en
castelán.. unha mágoa.

Irei actualizando e comprobando as livecds con Test Drive:
https://edge.launchpad.net/testdrive

Buriños


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list