[Tradutores-Ubuntu] Presentacion

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Fri Apr 23 13:37:52 BST 2010


>> Chámome Adrián. Xa levo algún tempo usando Ubuntu, concretamente dende a
>> versión 5.04, e considerando que xa vai sendo hora de devolverlle algo á
>> comunidade, decidín unirme a este grupo. A ver que tal se me da...
>
> Ola Adrián e benvido,
>
> Pois se ti o dis, que xa son horas, seranas.
>
> Recoméndoche que leas un chisco a lista para facerte unha idea de como
> traballos así como o wiki e ti mesmo podes ir dicindo onde queres
> comezar. Como verías, polas mensaxes en que Iván tamén se presentou
> hoxe mesmo, temos unhas certas normas que axudan a facer o traballo. O
> importante é que collas algo sobre o que traballar e que lle vaias
> dando e preguntando por onde teñas dúbidas. Logo revísase e así a
> integración no equipo será rápida e produtiva.

Benvido. Os consellos que se lle deron a Iván tamén che serán útiles a ti.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list