[Tradutores-Ubuntu] Estatísticas
Fran Diéguez
listas at mabishu.com
Thu Apr 22 15:17:31 BST 2010
On 21/04/10 10:30, Miguel Bouzada wrote:
> Próxima xa a liberación da Ubuntu Lucid (10.04) fago desde «Galician
> Translator team» de Ubuntu, unha revisiñon do noso traballo a título
> informativo
> Recordade que ocupamos a posición 17ª no ranking de idiomas máis
> traducidos (canda a anterior liberación de «Karmic - 9.04» ocupabamos
> a posición 20ª)
>
> Comparanza do estado das traducións en Ubuntu, cos idiomas máis
> próximos, a día de hoxe (21/04/2010):
>
> Respecto ao portugués (14º no "ranking" de máis traducidos)
> Levamos traducido o 2,08% menos
> Levamos traducidas 6.935 liñas menos
> Portugal 399 tradutores → 100% (base de cómputo)
> Media de tradución por tradutor → 572 liñas
> Galicia 149 tradutores → 37,34%
> Media de tradución por tradutor → 1487 liñas, o que supón unha
> intensidade de traballo do 259,96%
> diferencia -250 tradutores % -62,65%
>
> Respecto ao catalán (18º no "ranking" de máis traducidos)
> Levamos traducido o 0,71% máis
> Levamos traducidas 2385 liñas máis
> Calaluña 216 tradutores → 100% (base de cómputo)
> Media de tradución por tradutor → 1014 liñas
> Galicia 149 tradutores → 68,98%
> Media de tradución por tradutor → 1487 liñas, o que supón unha
> intensidade de traballo do 146,64%
> diferencia -67 tradutores % -31,01
>
> Datos extraidos de:
> https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/lucid
>
>
Dende Mancomún fixeron un moi moi bo artigo sobre esta nova incluso con
gráficas. Aínda que as gráficas non son moi clarificadoras, xa que non
se aprecia diferenza entre as barras, si que o texto é moi bo e explica
exactamente o que precisamos. Parabéns a todos, e grazas a Mancomun pola
promoción
www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/o-equipo-de-traducion-ao-galego-de-ubuntu-situa-o-idioma-galego-nos-postos-mais-altos/
<http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/o-equipo-de-traducion-ao-galego-de-ubuntu-situa-o-idioma-galego-nos-postos-mais-altos/>
Tomeime a licenza de envialo a chuza, polo que CHUZADE!!!:
chuza.gl/historia/o-equipo-de-traducion-ao-galego-de-ubuntu-situa-o-idioma-galego-nos-postos-mais-altos/
<http://chuza.gl/historia/o-equipo-de-traducion-ao-galego-de-ubuntu-situa-o-idioma-galego-nos-postos-mais-altos/>
Saúdos
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list