[Tradutores-Ubuntu] Estatísticas

Anton Méixome meixome at certima.net
Wed Apr 21 09:44:19 BST 2010


E iso que non andamos todos os días e nin sempre en liña recta pero
está ben traballado o posto.

Un excelente exemplo do que os galegos somos e podemos.
Na vindeira edición, a este ritmo, poderiamos baixar das 100 000
cadeas pendentes.

Lástima que non teñamos un equipo de publicistas tan eficaz como o de
tradución.



2010/4/21 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>:
> WOW!!! Isto é incríbel. Somos poucos pero traballamos arreo!
>
> podo publicar isto na páxina do GLUG??!!
>
> En 21/04/10 10:30, Miguel Bouzada escribiu:
>> Próxima xa a liberación da Ubuntu Lucid (10.04) fago desde «Galician
>> Translator team» de Ubuntu, unha revisiñon do noso traballo a título
>> informativo
>> Recordade que ocupamos a posición 17ª no ranking de idiomas máis
>> traducidos (canda a anterior liberación de «Karmic - 9.04» ocupabamos
>> a posición 20ª)
>>
>> Comparanza do estado das traducións en Ubuntu, cos idiomas máis
>> próximos, a día de hoxe (21/04/2010):
>>
>> Respecto ao portugués (14º no "ranking" de máis traducidos)
>> Levamos traducido o 2,08% menos
>> Levamos traducidas 6.935 liñas menos
>> Portugal 399 tradutores    → 100% (base de cómputo)
>> Media de tradución por tradutor       →  572 liñas
>> Galicia 149 tradutores      → 37,34%
>> Media de tradución por tradutor       →  1487 liñas, o que supón unha
>> intensidade de traballo do 259,96%
>> diferencia -250 tradutores % -62,65%
>>
>> Respecto ao catalán (18º no "ranking" de máis traducidos)
>> Levamos traducido o 0,71% máis
>> Levamos traducidas 2385 liñas máis
>> Calaluña 216 tradutores    → 100% (base de cómputo)
>> Media de tradución por tradutor       →  1014 liñas
>> Galicia 149 tradutores       → 68,98%
>> Media de tradución por tradutor       → 1487 liñas, o que supón unha
>> intensidade de traballo do 146,64%
>> diferencia -67 tradutores % -31,01
>>
>> Datos extraidos de:
>> https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/lucid
>>
>
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>



-- 
Leader of openOffice.org GL
http://gl.openoffice.org



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list