[Tradutores-Ubuntu] Bug de Thunderbird co language pack en Lucid

Miguel Bouzada mbouzada at gmail.com
Sat Apr 10 12:07:56 BST 2010


Lembrade que a hora de corrixilo, o xeito como o fixeron en mancomun non é o
máis canónigo, xa que resulta nunha redacción non moi precisa.

A solución máis axeitada pasa por "numerar ordinalmente" as variábeis tal e
como están na cadea orixinal deste xeito:

Supoñendo que a cadea orixinal sexa:
Downloading %S -%lu of %lu messages headers

Ordenamos (mentalmente)...
%$1S, %$2lu, %$3lu
Que viría a ser
Downloading %$1S -%$2lu of %$3lu messages headers

Co que podemos xa traducir mudando a posición das variábeis
Co que podería ser
Descargando %$2lu de %$3lu cabeceiras de mensaxe de %$1S

No curso de i18n eu propoño este exemplo:
http://wiki.trasno.net/Gettext_izar_en_%22C%22#Modificar_a_orde_das_variables
http://www.galpon.org/wiki/index.php/Gettext_izar_en_%22C%22#Modificar_a_orde_das_variables

Modificar a orde das variables

Este é un erro moi frecuente nas traducións

Frase exemplo

printf (gettext ("Written on `%s' at %s\n"), s, strlen (s));

Na plantilla verémolo así:

msgid "Written on `%s' at %s\n"

Traducímolo literalmente por msgstr

"Escrito o «%s» ás %s\n"

Como nos gusta máis dicir "Escrito ás %s do día «%s»" traducímolo así e o
resultado será algo como:

Escrito ás  25/7/2009 do dia 7:30

Para solucionalo deberemos ter en conta a orde das variables e modificalo
engadindolle un valor "ordinal" 1, 2, etc... antes do tipo de dato

msgstr "Escrito ás %2$s do día «%1$s»\n"


**
2010/4/10 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>

> Ola rapaces,
>
> veño de informar do erro no language pack do thunderbird en Ubuntu, xa
> que non chegou a tempo.
>
> https://bugs.edge.launchpad.net/ubuntu/+source/thunderbird/+bug/559911
>
> Podedes algún de vos, ou todos, comentar embaixo do bug para que "colla"
> importancia en ubuntu? Coido que nesta rolda tamén hai persoas que
> pertencen ao galician mozdev, nese caso sería importante que
> informárades que o que comento no bug é certo e que o remitan canto antes.
>
> Saúdos
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>


More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list