[Tradutores-Ubuntu] [terminoloxia]prompt

Fran Diéguez listas at mabishu.com
Wed Sep 30 13:00:26 BST 2009


Vou integrar o cliente teu no Fantasdic que é moi sinxelo e me gusta
máis ter un aplicativo gráfico.

Noraboa polo traballo Leandro. Moi útil sen dúbida.

Leandro Regueiro escribiu:
>>>> A ver,
>>>>
>>>> Estaba acabando-repasando o debian-installer e creo que temos que
>>>> tomar algún camiño ou avanzar algo
>>>>
>>>> prompt
>>>>  - indicador
>>>>  - indicativo
>>>>  - indicación
>>>>  - aviso
>>>>  - invitación
>>>>  - solicitude
>>>>  - petición
>>>>  - prompt
>>>>
>>>> Por suposto referido ao sentido "command prompt" (orde de consola en
>>>> modo texto) e non ao verbo prompt (preguntar)
>>>>
>>>> En principio inclínome por "indicación" xa que non ten uso actual,
>>>> mentres que "indicador" úsase moito como tradución de indicator). O
>>>> caso de "indicativo" é diferente porque -en principio- só pode ser
>>>> adxectivo e aquí necesitamos un substantivo. Ou deixamos indicador ?
>>>>
>>>> - Glosario de Mancomún
>>>>  prompt
>>>>  indicador de ordes
>>>>
>>>> - Glosario de localización
>>>>
>>>> - No glosario de Trasno non está.
>>> Mirade, aproveitando que acabo de rematar a creación da BD dos
>>> glosarios e do script de consulta (e filtrando máis ou menos a man os
>>> resultados que non veñen a conto):
>>>
>>> ####################
>>>
>>> "prompt"  (Marce):
>>>        Ámbitos:  shell
>>>
>>>        "indicador do sistema"
>>>
>>>
>>> "prompt"  (Mancomun):
>>>        Definición:  A symbol that appears on the computer screen to indicate
>>> that the computer is ready to receive a command. A prompt is text
>>> printed to ask the user for input. Displaying a prompt is called
>>> prompting.
>>>
>>>        "indicador do sistema"
>>>        "preguntar"
>>>        "avisar"
>>>
>>>
>>> "prompt"  (Guinovart):
>>>        Exemplo:  "indicador do sistema operativo"
>>>
>>>        "indicador" [sm] (recomendada)
>>>
>>>
>>> "command prompt window"  (Microsoft):
>>>        Definición:  A window that mimics an old MS-DOS display for typing
>>> command-line instructions.
>>>
>>>        "ventá do símbolo do sistema"
>>>
>>>
>>> "prompt"  (Microsoft):
>>>        Definición:  Text or symbols indicating that a computer program is
>>> waiting for input from the user.
>>>
>>>        "pregunta do programa"
>>>
>>>
>>> "Prompt"  (San clemente):
>>>
>>>        "Indicador da introducción de datos na pantalla"
>>>        "mensaxe de actuación"
>>>
>>>
>>> ####################
>>>
>>> Parece que xa empeza a dar resultados o meu traballo :)
>> Vaia, vaia, pois si que empeza a ser relevante, si. Noraboa
> 
> Pois como o script xerador e mailo de consulta, ademais das
> instrucións xa volas enviei a todos, xa podedes comezar a xogar pola
> vosa conta.
> 
> Ata logo,
>                       Leandro Regueiro
> 


-- 
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     listas at mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8





More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list