[Tradutores-Ubuntu] [terminoloxia]prompt
Antón Méixome
certima at certima.net
Wed Sep 30 12:38:02 BST 2009
Vaia, vaia, pois si que empeza a ser relevante, si. Noraboa
2009/9/30 Leandro Regueiro <leandro.regueiro at gmail.com>:
> 2009/9/29 Antón Méixome <certima at certima.net>:
>> A ver,
>>
>> Estaba acabando-repasando o debian-installer e creo que temos que
>> tomar algún camiño ou avanzar algo
>>
>> prompt
>> - indicador
>> - indicativo
>> - indicación
>> - aviso
>> - invitación
>> - solicitude
>> - petición
>> - prompt
>>
>> Por suposto referido ao sentido "command prompt" (orde de consola en
>> modo texto) e non ao verbo prompt (preguntar)
>>
>> En principio inclínome por "indicación" xa que non ten uso actual,
>> mentres que "indicador" úsase moito como tradución de indicator). O
>> caso de "indicativo" é diferente porque -en principio- só pode ser
>> adxectivo e aquí necesitamos un substantivo. Ou deixamos indicador ?
>>
>> - Glosario de Mancomún
>> prompt
>> indicador de ordes
>>
>> - Glosario de localización
>>
>> - No glosario de Trasno non está.
>
>
> Mirade, aproveitando que acabo de rematar a creación da BD dos
> glosarios e do script de consulta (e filtrando máis ou menos a man os
> resultados que non veñen a conto):
>
> ####################
>
> "prompt" (Marce):
> Ámbitos: shell
>
> "indicador do sistema"
>
>
> "prompt" (Mancomun):
> Definición: A symbol that appears on the computer screen to indicate
> that the computer is ready to receive a command. A prompt is text
> printed to ask the user for input. Displaying a prompt is called
> prompting.
>
> "indicador do sistema"
> "preguntar"
> "avisar"
>
>
> "prompt" (Guinovart):
> Exemplo: "indicador do sistema operativo"
>
> "indicador" [sm] (recomendada)
>
>
> "command prompt window" (Microsoft):
> Definición: A window that mimics an old MS-DOS display for typing
> command-line instructions.
>
> "ventá do símbolo do sistema"
>
>
> "prompt" (Microsoft):
> Definición: Text or symbols indicating that a computer program is
> waiting for input from the user.
>
> "pregunta do programa"
>
>
> "Prompt" (San clemente):
>
> "Indicador da introducción de datos na pantalla"
> "mensaxe de actuación"
>
>
> ####################
>
> Parece que xa empeza a dar resultados o meu traballo :)
>
> Ata logo,
> Leandro Regueiro
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list