[Tradutores-Ubuntu] "Consello" de Ubuntu-gl
Felipe Gil Castiñeira
xil at uvigo.es
Mon Sep 28 09:39:45 BST 2009
Bos días,
Aproveitando o pequeno tirón de orellas de Fran, gustaríame propoñer
algo ao que lle levo dando voltas ultimamente: a creación dun "consello"
do grupo de tradución (seguindo o estilo dos "Councils" de Ubuntu [1]).
Ultimamente o traballo está absorbendo practicamente todo o meu tempo, o
que reduciu ao mínimo a miña actividade tradutora. Temo que isto siga
sendo así polo menos durante os próximos dez meses.
Creo que catro persoas ben coordinadas, poden facer que mellore a
calidade da tradución e que aumente a actividade do grupo.
Seguindo o modelo de [1], os pasos son:
1. A presentación de candidaturas para o consello (un pódese propoñer
a si mesmo ou a outra persoa).
1. Sería recomendable que os/as candidatos/as indiquen na súa
wiki persoal as actividades que realizaron recentemente, e
tamén cales son as súas propostas (de actividades, de
cambios no modo de traballo do equipo, etc.)
2. A creación da lista de candidaturas.
3. A celebración da votación (podería ser directamente aquí, na lista
de correo, ou en Launchpad).
Agardo as vosas opinións.
Un saúdo!
Felipe.
[1] https://wiki.ubuntu.com/CommunityCouncil/Delegation
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list