[Tradutores-Ubuntu] Aplicativos para traducir en Ubuntu Karmic

Fran Dieguez listas at mabishu.com
Sun Sep 27 19:52:40 BST 2009


Antón Meixome, suscrito a esta rolda, pódeche dar unha boa explicación
do cambio.

Saúdos

O Dom, 27-09-2009 ás 20:35 +0200, Marcos García escribiu:
> Aplicativo???
> Non debería ser Aplicación?
> 
> 2009/9/27 Fran Dieguez <listas at mabishu.com>
> 
> > Ola rapaces
> >
> > listo aqui os aplicativos e ou erros de tradución que fun atopando na
> > miña Ubuntu Karmic.
> >
> > paquete ibus/ibus-preferences: dende o menú Sistema->Preferencias-> Ibus
> > preferences está todo o aplicativo sen traducir. Vexo en Launchpad que
> > non se pode pero desconfío moito.
> >
> > Ao realizar unha instalación mediante a ferramenta gráfica de
> > instalación de .debs, tarefa que precisa de inserir a contrasinal de
> > administrador, o botón "Authenticate" está sen traducir.
> >
> > A ferramenta software-store todavía non se pode traducir:
> > https://translations.launchpad.net/ubuntu/karmic/+source/software-store
> > por favor confirmádemo para tirarlle das orellas a Ubunto.
> >
> > Debido ao cambio de vogablo en GNOME aplicación->aplicativo Ubuntu
> > presenta unha inconsistencia ao nomear "Instalar/Desinstalar
> > Aplicacións" no menú aplicativos. No mesmo aplicativo as categorías dos
> > aplicativos aparecen sen traducir.
> >
> > O aplicativo Gnome-do está todo sen traducir.
> >
> > Gralla importante:
> > Gedit mostra no menú "gedit" no canto de "Editor de texto Gedit"
> >
> > Vexo dúas grallas herdadas de Jaunty:
> > A ferramenta system-config-printer segue mostrando no menú Sistema->
> > Imprimindo o texto Imprimindo (sería bon cambialo por impresión.
> >
> > A ferramenta gnome-display-properties segue mostrando "Mostrar" na
> > entrada de menú Sistema->Propiedades->Mostrar, hai que cambialo por
> > "Configuración de pantalla" por exemplo, ou mesmo "Pantallas" sen máis.
> >
> > Sería bon que nos repartáramos algo do traballo para que non chegue
> > finais de outubro e nos vexamos cos pañales sucios. De seguro que
> > enviarei máis ao longo de hoxe e destos días.
> >
> > Saúdos a tod at s
> >
> >
> >
> >
> > --
> > Ubuntu-l10n-gl mailing list
> > Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >
> 
> 
> 
> -- 
> marcos garcía // marquitox (.net)





More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list