[Tradutores-Ubuntu] Aplicativos para traducir en Ubuntu Karmic
Fran Dieguez
listas at mabishu.com
Sun Sep 27 19:17:46 BST 2009
Ola rapaces
listo aqui os aplicativos e ou erros de tradución que fun atopando na
miña Ubuntu Karmic.
paquete ibus/ibus-preferences: dende o menú Sistema->Preferencias-> Ibus
preferences está todo o aplicativo sen traducir. Vexo en Launchpad que
non se pode pero desconfío moito.
Ao realizar unha instalación mediante a ferramenta gráfica de
instalación de .debs, tarefa que precisa de inserir a contrasinal de
administrador, o botón "Authenticate" está sen traducir.
A ferramenta software-store todavía non se pode traducir:
https://translations.launchpad.net/ubuntu/karmic/+source/software-store
por favor confirmádemo para tirarlle das orellas a Ubunto.
Debido ao cambio de vogablo en GNOME aplicación->aplicativo Ubuntu
presenta unha inconsistencia ao nomear "Instalar/Desinstalar
Aplicacións" no menú aplicativos. No mesmo aplicativo as categorías dos
aplicativos aparecen sen traducir.
O aplicativo Gnome-do está todo sen traducir.
Gralla importante:
Gedit mostra no menú "gedit" no canto de "Editor de texto Gedit"
Vexo dúas grallas herdadas de Jaunty:
A ferramenta system-config-printer segue mostrando no menú Sistema->
Imprimindo o texto Imprimindo (sería bon cambialo por impresión.
A ferramenta gnome-display-properties segue mostrando "Mostrar" na
entrada de menú Sistema->Propiedades->Mostrar, hai que cambialo por
"Configuración de pantalla" por exemplo, ou mesmo "Pantallas" sen máis.
Sería bon que nos repartáramos algo do traballo para que non chegue
finais de outubro e nos vexamos cos pañales sucios. De seguro que
enviarei máis ao longo de hoxe e destos días.
Saúdos a tod at s
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list