[Tradutores-Ubuntu] Recomendacións de novo esquema de traballo

Felipe Gil Castiñeira xil at uvigo.es
Mon Oct 26 18:32:31 GMT 2009


Fran Dieguez wrote:
> Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> > Boas!
>
> > Concordo totalmente con vós: o grupo catalán é un dos mellor montados
> > (hai que ter en conta que Carlos Perelló e Jordi Mallach, que son
> > membros do equipo de tradución ao catalán, estiveron ao cargo de
> > Launchpad desde o principio).
> Vamos que eu buscaba axuda interna de ubuntu e fun dar co mellor do
> mellor. Cool!

A verdade é que si, se temos que imitar a alguén, diría que os cataláns
son un bo exemplo :-).

>
> > Por outro lado respecto á coordinación estiven agardando a resposta
> > afirmativa de Fran, que finalmente se produciu esta fin de semana, para
> > propoñer como "Consello do grupo de tradutores de Ubuntu ao galego" ao
> > seguinte equipo (orde alfabética):
>
> >     * Miguel Bouzada
> >     * Fran Diéguez
> >     * Antón Meixome
> >     * Eu mesmo (polo menos para botar unha man agora ao principio)
> Eu pensaba que había eleccións, por iso de que non nos reprochen que
> isto é unha asignación a dedo.

Esa era a intención... pero como non houbo ningunha candidatura, creo
que vai quedar así.

> > Se non hai ningunha outra proposta, este equipo pasaría a ter tódalas
> > funcións de coordinación dentro do "Grupo de tradutores de Ubuntu ao
> > galego".
>
> > Un saúdo!
> >     Felipe.
>
> > P.S.: Fran: non che puiden responder ata agora, porque me pillas en
> > pleno traslado de país. Nese sentido ata dentro de algo máis dunha
> > semana non sei cando/como poderei ler o correo.
>
> Agardo que non nos abandones Felipe, sería unha mágoa perder a un gran
> baluarte. Coido que nesta semana podemos ir mirando o tema de reunir un
> pouco de documentación na Wiki. Se non vos importa vou a mirar como a
> teñen outros grupos e recoller o mellor de cada un e "plaxiar"/traducir
> ao galego.

En https://wiki.ubuntu.com/Translations/KnowledgeBase/QualityAssurance
están recollidas as estratexias de traballo de varios equipos. Aínda que
non están aí, os brasileiros
(https://edge.launchpad.net/~ubuntu-l10n-pt-br) tamén o teñen bastante
traballado.

>
> Coido que deberiamos darlle un pulo a ubuntuengalego.org (Felipe que CMS
> empregas?), cicáis metendolle un tema como o que fixemos en
> www.usc.es/osl/ubuntu misturado con http://www.ubuntu.cat/ (agora é
> cando precisabamos un ubuntu.gal , mecaginá).

Uso o Plone (www.plone.org), pero está todo instalado nun VPS que non
pode con el. Habería que utilizar outro servidor (e tal vez outro CMS). 
Supoño que xa o sabedes, pero para Drupal hai un tema de Ubuntu oficial
(https://wiki.ubuntu.com/Templates).  A parte boa dese tema é que é o
que se usa na páxina oficial de Ubuntu. A parte mala é a mesma, xa que
lles quita "personalidade" aos sitios que o usan.

>
> Por certo coido que hoxe instalando unha RC vin un fallo no slideshow da
> instalación: "na cortorno".
>
> Saúdos
>

Saúdos.
    Felipe.





More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list