[Tradutores-Ubuntu] Novo servizo para xestión de proxectos de galeguización: http://proxectos.g11n.net/

Marcos García marcosgdf at gmail.com
Sun Oct 18 20:15:27 BST 2009


Corrixe algúns erros nas traduccións da interfaz:
"Esqueci meu nome de usuário e senha!, " -> Esquecín o meu nome de
usuario e contrasinal
"Nome de Usuário:" -> Nome de usuario:
"Senha:" -> Contrasinal:


2009/10/18 Suso Baleato <suso.baleato at gmail.com>
>
> Boa tarde,
>
> Escrebo para avisar da posta en produción do servizo de xestión de proxectos
> de galeguización[1]. Trátase dunha ferramenta que facilitará a labor das
> personas responsabeis dos distintos proxectos de galeguización e que
> permitirá mellorar a integración das distintas iniciativas vencelladas. O
> enderezo para acceder a este servizo é o seguinte:
>
>      https://proxectos.g11n.net/
>
> Como se pode apreciar é preciso autenticarse para poder empregar este
> servizo, o que implica dispoñer dunha conta que permita o acceso. Neste
> sentido a mecánica é sinxela: outórgase automáticamente conta co rol de
> "xestión de proxectos" ás personas responsabeis de iniciativas de
> galeguización que, en ausencia de obxecións, o soliciten na rolda
> comunitaria. Dende esa conta pode xestionarse o propio proxecto ademais
> de visualizar o resto dos proxectos activos para mellorar a
> interrelación.
>
> Os únicos proxectos activos neste momento son os que eu xestiono de
> galeguización de Mozilla, OpenOffice.org e mais GNOME, así como o
> proxecto de adaptación para o galego do corrector lingüístico
> LanguageTool xestionado por Susana Sotelo.
>
> Por suposto: novos proxectos son benvidos :)
>
> Saúdos,
>
> [1] Compre insistir, para tranquilidade das personas máis independentes,
>    na idea de que non é preciso darse de alta neste servizo para
>    participar nos proxectos de galeguización, nin siquera naqueles
>    que estén xestionados mediante este servizo. Trátase únicamente dunha
>    ferramenta para facilitar as tarefas de _xestión_ dos proxectos de
>    galeguización. Explícitamente nada ten que ver este sistema nin
>    interfire coas tarefas de tradución, revisión lingüística, escolla
>    terminolóxica, remisión de traducións aos repositorios e similares,
>    que continuarían funcionando exactamente igual que até o
>    presentebapache2-mod-wsgi.
>
> --
> http://susinho.pagina.de/
> --
> http://susinho.pagina.de/
>
> --
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl



--
marcos garcía // marquitox (.net)



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list