[Tradutores-Ubuntu] [G11n] coordinación OpenOffice.org + Mozilla + GNOME
Suso Baleato
suso.baleato at gmail.com
Sat Oct 17 17:00:35 BST 2009
Boas Javi,
Antes de nada agradecerche públicamente o teu compromiso coa localización do
OpenOffice.org e tamén o teu ofrecemento, que se une o que xa fixera o Antón
Méixome. A verdade é que contar convosco é unha garantía tanto de continuidade
como sobre todo de calidade.
Estou agora revisando o correo atrasado (e perdido, pois como sabes a Xunta
desconectou o meu correo moi amabelmente sen avisar) dos proxectos que
coordeno pra propoñer un calendario que viabilize a continuidade das traducións
tanto de OpenOffice.org como de Mozilla e mais GNOME, agora xa sen o apoio
profesional das empresas e organismos públicos que viñan asumindo parte das
tarefas de localización.
Xa adianto que a miña proposta será darlle prioridade ás versións maiores que
prevean incorporarse a Ubuntu como primeiro criterio, por ser a distro que
conta co grupo de localización máis dinámico e consolidado, e por ser a base
do AraOS e metapaquetes derivados. Agardo que nas próximas horas poida entrar
en funcionamento un servidor colectivo que me axude a sobrelevar a xestión
destes proxectos co mínimo impacto sobre os tradutores, pois sei ben que
preferides traballar de forma independente (e penso que é bó que sexa así).
Aproveito para comentarche tamén que acabo de revisar o documento que enviaches;
penso que todo está correcto e que claramente pode cumprir a función de facilitar
a incorporación de nova xente ao proceso. Enviarei agora o que esquecín xuntar no
correo da semana pasada, descrebendo o mesmo proceso pero en Mozilla.
Saúdos,
Frco. Javier Rial escrebeu:
> Suso:
>
> Na rolda de desenvolvemento das comunidades de OpenOffice.org
> (dev at l10n.openoffice.org) tes uns requirimentos por parte da xente de Sun para a
> correcta xestión da tradución ao galego.
>
> Bótalle un ollo para que non haxa ningún problema coa seguinte versión do
> OpenOffice.org.
>
> P.D.: Pola miña parte, xa estou a piques de rematar a documentación relativa
> aos procesos da tradución do OOo.
>
> Saúdos.
>
> --
> Frco. Javier Rial Rodríguez
> Técnico
> Avda. de Vigo, s/n Campus 15705 Santiago de Compostela (Galicia/ES)
> Tel/ Fax: (0034) 981 569 810/ 981 594 616
> <fjrial at mancomun.org>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n at mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
--
http://susinho.pagina.de/
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list