[Tradutores-Ubuntu] Novo servidor IRC comunitario funcionando: irc.g11n.net
Suso Baleato
suso.baleato at gmail.com
Fri Oct 16 23:43:03 BST 2009
Boas,
Dar conta da posta en marcha do servidor IRC para facilitar a celebración de
xuntanzas virtuais e sesións de traballo simultáneo en grupo. Trátase dun
servidor IRC estándar que ademais incorpora a posibilidade de criptografar as
conversas para quen precise de maior privacidade. Para unha conexión normal,
os datos son os seguintes:
Servidor: irc.g11n.net
Porto : 6667
Por defecto ocúltase a IP da conexión para evitar miradas "indiscretas". No
caso de ademais querer criptografar as conversas, é preciso indicar a opción
"SSL" e o porto 6670. Por exemplo empregando o irssi (cliente que
recomendamos) valería a seguinte cadea de conexión:
/server -ssl irc.g11n.net 6670
Polo demais, é un servidor estándar que funciona igual que calquera outro
servidor IRC, e queda prendido permanentemente. Non fai falta pedir permiso
nin rexistrarse para empregalo; é un servidor público a disposición da
comunidade de localización.
Saúdos,
Nota: unha vez conectado, podes unirte a unha das canles existentes ou
ben crear unha nova fácilmente con /join #nome_da_canle
--
http://susinho.pagina.de/
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list