[Tradutores-Ubuntu] [G11n] Ofrecemento da Ciberirmandade
Fran Dieguez
listas at mabishu.com
Thu Oct 15 16:27:51 BST 2009
-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1
> - 09/10/09 15:48: Correo de Suso:
> "Habería que ir mirando qué posibilidades temos; teríades problema en buscar
> un momento a semana próxima en santiago para xuntarnos físicamente?"
>
> -11/10/09 03:14: Correo de Suso:
> "Acabo de combinar con Minhoca para quedar este luns 12 en torno ás 20:00 en
> Cangas e como non é un sitio precisamente céntrico, falamos de convocar outra
> máis para o mércores 14 a esa mesma hora pero xa en Compostela, sitio por
> definir (admítense suxerencias)."
>
> -13/10/09 04:50: Correo de Suso:
> "Dou conta da xuntanza de hoxe, longa como se pode ver polas horas, mais
> fructífera como se verá, na que estivemos Minhoca e máis Medulio pola
> Ciberirmandade, Susana Sotelo e mais eu."
>
> 13/10/09 21:38: Correo de Suso:
> "Acaba de avisar Susana de que temos dispoñibel a sá de videoconferencia
> da Faculdade de Filoloxía da USC; a falta doutras alternativas, ahí
> estaremos mañá mércores 14 ás 20:00 para continuar avanzando nas propostas
> de Cangas; por suposto, reunión aberta a quen queira participar nela, tanto
> presencialmente como facendo aportacións vía correo."
>
>
> Aínda que agradezo sinceramente o ofrecemento das CIF, penso que este
> xeito de facer as cousas, simplemente, non procede. Se se pretende dar
> exemplo de transparencia, ánimo de cooperar e demais, creo que
> convocar unha reunión *o día antes*, e ademais *xa fixada a data e
> lugar*, non é a mellor idea. Incluso unha semana de prazo me parecería
> demasiado curto.
Concordo totalmente con Jose Manuel, ata que peche Mancomun temos algo
máis de 2 meses. Tempo dabondo para facer backup do que se queira.
Quero engadir que eu comecei tamén como tradutor independente e cada día
que pasaba me vin máis afín ao proxecto Trasno. En ningún momento me
pareceu un lugar pechado. De feito me chocou bastante que a un rapaz
recén chegado se lle fixera caso en algunhas das cuestións plantexadas.
Iso fala moi a favor do proxecto.
Ademáis que era o único grupo apolítico, independente da administración,
centrado na LOCALIZACIÓN ao galego e DEFENSOR do SwL como filosofía
interna, dando exemplo deste último punto na localización en
exclusividade deste tipo de software.
Saúdos
- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com - listas at mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org
iEYEARECAAYFAkrXP3cACgkQmLtmJqKk+bg9vgCbB3twGVbjNoLBcysPupecJ2uA
MfYAnieQYOuz8Vo6asCisTSJEg32xfFD
=+AL9
-----END PGP SIGNATURE-----
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list