[Tradutores-Ubuntu] [Guls] Reflexiós sobre o nosos futuro

Miguel miguelfm at gmail.com
Mon Mar 30 09:06:38 BST 2009


Olá,

    Vai pasando e creo que nos olvidamos totalmente do tema.
Posiblemente o problema sexa o de sempre, que non concretamos e todo
acaba pasando e olvidándose.

      Así que deberíamos de comezar a pensar en propoñer algo. Eu creo
que o mellor sería nesta semana decidir un representante de cada
asociación para de Guls, traductores e empresas para reducir un pouco
o grupo de traballo e entre eles porse de acordo para seleccionar a 3
persoas que se reunan co novo goberno. Para esa reunión podería
redactarse un pequeno documento cas nosas inquedanzas, explicarlle
porqué defendemos o que defendemos. E unha vez alí intentar saber
cales son os seus plans en canto ó software libre e a que nivel queren
levar a súa colaboración co texido asociativo existente.

Saúdos, Miguel.

2009/3/16 Miguel Bouzada <mbouzada at gmail.com>:
>
>
> 2009/3/16 Denís Fernández Cabrera <denis at ceibes.org>
>>
>> Penso que é moi importante distinguir o detalle nesta proposta de
>> Miguel -- temos que ter, evidentemente, un funcionamento interno o
>> mais plural e democrático posible dentro do grupo de traballo e entre
>> nos, pero é *absolutamente vital* que presentemos unha postura
>> conxunta e coordinada de cara ao exterior.
>>
>> Ten boa razón Francisco en que o 2M non é o apocalipse nen moito menos
>> -- o Software Ceibe existiu antes, e existirá despois. Ten
>> necesariamente que trascender esta situación. Pero é que a necesidade
>> dun grupo que nos coordine un pouco e que presente un interlocutor
>> claro de cara á sociedade xa viña de antes do goberno do bipartito:
>> sempre estivo aí, precisamente porque hai demasiadas "sensibilidades"
>> que en realidade se diferencian por cuestións que para a maioría da
>> poboación -- esa á que temos que convencer -- lle parecen bizantinos.
>>
>> (Aproveito tamén este correo para comentarvos a todos que non me
>> esquenzo de que temos asuntos pendentes ca Xunta e co tema das
>> licenzas, Galinux e demais -- asuntos que quedaron truncados polas
>> eleccións e que hai que retomar en canto as augas se calmen. Acho, por
>> certo, que este "grupo de representantes" podería ser unha boa canle
>> para xestionar estes temas.)
>>
>> Denís.
>
> As miñas palabras non viñan tanto a que tema unha debacle, como a que a
> mudanza que se ten de producir na administración debe "provocar" unha
> mudanza nos nosos xeitos de actuar "cara a galería" (entendendo esto no
> senso positivo). Que andamos un pouco espallados esta ben craro, pero cando
> falo con xente doutros grupos, a pesares das diferenzas, sempre acabamos
> entendendonos e purrando no mesmo sentido, polo que creo que será doado
> chegar a posturas comuns.
>
> Esto creo que será positivo en todolos sensos para todos os implicados, por
> activa ou por pasiva e cara a administracioón será máis sinxelo consensuar
> actividades ao non ter que facer "panos quentes" asegún con quen falen/s.
>
> Sempre tiven a sensación (digo:sensación) de que antes interesaba que
> funcionaramos como "reinos de taifas" e sempre pensei (e sigo a pensalo) que
> isto só favorecía á outra parte e non a os axentes do SwL.
>
>  M B
>
> --
> "Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls, .xlsx,
> .ppt, .pptx
>
> Instale OpenOffice dende
> http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,368/Itemid,113/...,
> é LIBRE, DE BALDE, totalmente LEGAL, funciona mellor que outros paquetes de
> oficina, e está en continuo desenvolvemento."
>
>
> _______________________________________________
> Guls mailing list
> Guls at mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/guls
>
>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list