[Tradutores-Ubuntu] LoCo Galego
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Tue Feb 24 00:42:32 GMT 2009
Ola!
Xa hai tempo que non tiña novas sobre o asunto do LoCo, pero estes días
houbo un par de cousas interesantes.
Por un lado confirmáronme desde Ubuntu que temos a lista de correo
aprobada (pero non activada... supoño que son cousas da burocracia). Con
isto xa teremos o foro [1], a Wiki [2], a canle IRC e a lista.
Para min, un dos obxectivos que debería cubrir o LoCo é o de aglutinar á
comunidade de usuarios de Ubuntu en galego. O feito de ter os servizos
espallados en distintos servidores de Ubuntu fai difícil que nos atopen
os usuarios novos. Para solucionar isto, tiña pensado montar un portal
principal que fose a "cara" do LoCo (aínda que se seguise apoiando nos
servidores de Ubuntu). Por falta de tempo non o fixen, pero aquí é onde
aparece a segunda nova importante.
A xente de Tegnix está comezando a preparar a infraestrutura para crear
a comunidade de OpenOffice.org galega e ofrécennos a posibilidade de
preparar tamén a infraestrutura para o LoCo galego. Ademáis, poderíamos
compartir os eventos e evitar o dobre esforzo de preparar os de
OpenOffice.org e os nosos.
Persoalmente paréceme unha boa oportunidade para dispoñer de soporte
técnico, dun servidor e para non ter que montar nós sós os eventos. Non
obstante gustaríame abrir o debate antes de tomar ningunha decisión (non
temos moito tempo para dar unha resposta, así que ¡falade axiña!). Tamén
sería importante saber que eventos (install-fests, participación en
conferencias, xornadas de difusión, etc.) poderíamos preparar ao longo
do ano.
Unha aperta!
Felipe.
[1] http://ubuntuforums.org/forumdisplay.php?f=356
[2] https://wiki.ubuntu.com/GalicianTeam
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list