[Tradutores-Ubuntu] Traducións de Gnome 2.28

Antón Méixome certima at certima.net
Thu Aug 20 13:51:08 BST 2009


Ola colegas tradutores, parece que non hai moito movemento pola lista
en agosto. De todas maneiras quería pedirvos que transmitirades o
seguinte aviso.

O vindeiro luns, día 24 de agosto, conxélase a tradución de Gnome
2.28. A tradución dos paquetes básicos está ao 100% traducida.

Como sabedes launchpad importa as traducións a partir deste momento e
hai que ter en conta

- Que as traducións que se fagan antes da importación desde Gnome
serán postergadas cando launchpad sincronice.
- Que se modificades pola cadeas particulares de Gnome unha vez que
launchpad importe os paquetes de Gnome 2.28 vanse producir
inconsistencias na tradución (que ten o seu propio "libro de estilo")
- Que non sabemos cando o van facer nin cantas sincronización se van producir
- Que imos facer (Mancomun), un seguimento moi de preto tanto en Gnome
como en launchpad para asegurar que esta versión saia o máis rigorosa
posíbel. Sabedes que launchpad introduce cadeas propias e modifica
outras sobre as orixinais de Gnome.

Como revisor de Gnome, pídovos aos tradutores o seguinte

- Que non perdades o tempo traducindo paquetes do Gnome 2.28 que vai
saír coa Karmic de Ubuntu en outubro.
- Que revisedes a tradución cando se incorpore a launchpad e que as
faltas ou melloras as comuniquedes ben aquí ou preferentemente na
lista de coordinación de Gnome directamente (gnome at mancomun.org á que
podedes acceder desde
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/gnome
- Que se traducides cadeas dos paquetes base de Gnome que modifica
Ubuntu que o fagades atendendo á homoxeneidade das escollas na versión
paquetizada.

Máis nada,

Feliz agosto, meus.

Antón Méixome



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list