[Tradutores-Ubuntu] [Fwd: [Guls] Adhesións ó proceso constituinte da federación_ou_como_se_chame]

Leandro Regueiro leandro.regueiro at gmail.com
Mon Apr 27 11:15:00 BST 2009


>> Acaba de mandar Miguel este correo á lista dos Guls. Plantexou tamén a
>> posibilidade de que nós, como colectivo, formemos parte desa
>> "federación". ¿Que opinades?
>
> A miña posición, que creo que xa é dabondo coñecida, é favorable a, polo
> menos, formar parte da constituinte, e despois se o que se elabore a nivel
> de fins, estatutos e demáis recibe o placet da maioría integrarnos.
>
> Creo que pode ser un momento moi interesante para que os distintos axentes a
> prol do Sl esteamos xuntos.

Eu vexo que o da tradución de SL ó galego impulsa a adopción do SL en
Galicia en certo xeito (p.ex. eu úsoo porque está en galego) e penso
que non sería desaconsellable que estiveramos aí.

Outra cousa é que non somos asociación. En Trasno falouse de
converterse en asociación ou meternos noutra asociación xa existente,
p.ex. as ciberirmandades da fala, que despois se podería adherir a
esta federación, pero non sei como faredes os de Rosetta, a non ser
que acepten apoios individuais.

Ata logo,
                       Leandro Regueiro



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list