[Tradutores-Ubuntu] Ubuntu-l10n-gl Digest, Vol 32, Issue 3
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Wed Apr 8 17:33:30 BST 2009
Ola Julio!
Pola miña parte té-lo voto positivo para ingresar no grupo :-). Non te
ofendas polas revisións: recentemente tivemos algún problemiña con algún
tradutor novo, e agora miramos con máis detalle aos candidatos a entrar
no grupo.
Respondo ao resto do teu correo polo medio...
Julio Pedreira Paz wrote:
> Ola a todos,
>
> Que saibades que eu rematei o COU no 97. Sobre o guión... era normativo
> antes do 2003, tereino en conta en futuras traducións. Tamén as convencións
> (¿onde podo ve-las?).
>
Ata agora seguíamos as convencións de Trasno, pero recentemente apareceu
o "Manual de localización" de Mancomún [1][2], que deberíamos seguir.
[1] https://forxa.mancomun.org/frs/?group_id=207
[2] http://beta.mancomun.org/comunidade/traducion/manualdelocalizacion/
> Sobre as correccións en concreto, recoñezo que nunha das frases puxen
> "error" (en tódalas demais puxen "erro"); tamén puxen icono, pero enseguida
> engadín outra suxerencia corrixida, e tamén é certo que esquecín poñer "a"
> diante de seguridade.
>
>
> Non comprendo por que corrixes "non se puido engadir a conexión "por Non se
> puido *engadila*...". Se é nunha frase negativa, ¿non é correcto?
>
> Unha vez dito isto, podo aceptar correccións que non sexan normativas hoxe
> ou sobre as que haxa convenio pero sobre as preferencias persoais de cada
> quen... (p.ex. "posíbel"...)
>
> Mirade, xa traducín unhas 70 frases. Decídeme se queredes que continúe no
> proxecto ou dedique os esforzos a outros proxectos da comunidade Ubuntu onde
> poida ser máis útil.
>
A túa axuda será moi ben recibida!
>
> Moitas gracias e un saúdo.
>
>
> PD: ¿Non se pode por a lista na codificación correcta para que non se
> cambien os acentos e eñes por signos de interrogación?
>
Por curiosidade, ¿que cliente usas? (leo estes correos desde un par de
ordenadores con distintos clientes, e non teño problemas de codificación
con ningún).
Un saúdo!
Felipe.
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list