[Tradutores-Ubuntu] [G11n] ubuntu en galego

suso.baleato at xunta.es suso.baleato at xunta.es
Sat Oct 4 18:30:51 BST 2008


Estupendo Felipe, graciñas pola túa axuda. Temos listos todos os elementos da
suite mozilla, estamos revisando as partes que nos comprometemos do GNOME
incluídos os gnome games e tamén está en proceso a revisión do OpenOffice.

Penso que imos ben de tempos, se tí ves que temos que acelerar algo máis
algunha parte ou que debemos incluír o que tí vexas, só deixa aviso e
poñémonos a elo.

Saúdos!

Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
> Ola Suso,
> 
> Vexo que lle seguides dando duro en varias frontes  :-) .
> 
> Por outro lado non me esquecín do asunto do LoCo Team, xa que sigo
> crendo que pode ser útil para darlle soporte comunitario tanto aos
> usuarios de Ubuntu como aos que instalen os distintos sabores do ARAOS. 
> O malo é que ultimamente estiven a mil e non tiven tempo de facer as
> xestións e as páxinas correspondentes.
> 
> Por outro lado, sería interesante meter xa na Ubuntu 8.10 as traducións
> do Firefox. Para o Firefox, como non usa gettext, o prazo está no día 16
> deste mes. Creo que Javier Rial tiña claro o proceso para converter os
> ficheiros do Firefox a .po, se me pode botar unha man agradeceríallo.
> 
> Saúdos!
>     Felipe.
> 
> 
> 
> suso.baleato at xunta.es escribiu:
> > Boas,
> >
> > Escrebo pra avisar que en breve liberaremos a versión final do ARAOS para  
> > Ubuntu 8.04. Dúas cousas importantes sobre esta versión e outros temas:
> >
> > - Estamos traballando xa na 8.10. A idea sería agardar un par de semanas a
> >   que se estabilize a distro (unha vez sexa publicada) e nese tempo facer os
> >   cambios necesarios para adaptar o metapaquete á nova versión, de maneira
> >   que teñamos listo o ARAOS para 8.10 na segunda quincena de novembro. Desa
> >   maneira poderíamos actualizar esas tres adaptacións na primeira quincena de
> >   decembro (contando con que a 8.10 saia a finais de outubro).
> >
> > - Esta versión ven de entrar en produción en dúas oficinas da Xunta, 
> >   dependentes da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da
> >   Información, da Consellaría de Innovación e Industria. Trátase da primeira
> >   implantación dunha oficina 100% software libre integrada na Rede
> >   Corporativa da Xunta de Galiza. Conseguimos superar todos os obstáculos
> >   técnicos e administrativos, e por tanto, queda demostrado _na práctica_ 
> >   que é posibel traballar en software libre no entorno da Xunta: agora
> >   tocará seguir a traballar e presionar pra que cunda o exemplo. Por nós que
> >   non quede ;-)
> >
> > - Tal como tiñamos previsto, a idea do metapaquete está a funcionar e xa 
> >   temos tres adaptacións encargadas: unha para o prototipo de intranet
> >   para a PEME, outra para a Rede de Dinamización da Sociedade da Información 
> >   e outra xenérica para a Consellaría de Innovación e Industria que anunciou
> >   Helena Veiguela -a nosa Directora Xeral- no evento de sinatura do convenio
> >   cos GULs [1]. Respectivamente os nomes destas adaptacións do metapaquete
> >   serían: pemetic, dinamiza e galinux e presentaríanse a partires da
> >   publicación da 8.10. Calquera suxestión ao respeito agradécese.
> >
> > - Estamos tamén ultimando a revisión das últimas versións de Firefox,
> >   OpenOffice e mais GNOME; en canto as teñamos listas xa volas facemos chegar
> >   pra integralas a través do launchpad. En canto a Firefox, veño de avisar en
> >   g11n e mozdev de que xa se pode descargar a última versión en galego (a
> >   3.0.3) [2]
> >
> > - En canto á próxima reunión de g11n estamos a traballar pensando na primeira
> >   semana de novembro, pra aproveitar o festivo. Por suposto estades
> >   convidados a participar, por se non avisamos eiquí, estade mellor atentos
> >   na rolda de g11n, que alí faremos a convocatoria seguro. Temos previsto
> >   presentar o manual de localización e acudirá tamén Antón Méixome, o
> >   lingüísta que ven de se incorporar ao Centro de Referéncia e Servizos.
> >
> > Pois nada mais polo momento. Apertas e saúdos pra tod at s! :-)
> >
> > [1] http://www.mancomun.org/novas/eventos/mancomun-achegara-55.000-euros-aos-ggul-para-a-promocion-do-software-2.html
> >
> > [2] http://gl.www.mozilla.com/gl/firefox/security/
> >
> >
> > suso.baleato at xunta.es escrebeu:
> >   
> >> Boas,
> >>
> >> Veño de actualizar o wiki que puxemos a andar para descreber o que imos
> >> facendo e dese modo facilitar o traballo colaborativo e a participación
> >> no proxecto do metapaquete. 
> >>
> >> http://wiki.mancomun.org/index.php/ARAOS-devel
> >>
> >> Polo momento o que atoparedes serán ligazóns úteis que fomos recopilando,
> >> descrebendo procesos e ficheiros de configuración... en fin, que non se
> >> trata de 'entregar un produto xa feito e fechado' como no caso do software
> >> privativo, senón que se trata de facelo un pouco entre todos e todas,
> >> asi que o que nós fagamos queremos que sexa público dende o principio
> >> para que todo o mundo poida opinar e participar do proceso.
> >>
> >> Botádelle un ollo; non esperedes un documento estructurado ou algo así
> >> por que é exactamente o que é: un wiki; algo caótico e creativo, que
> >> nistes momentos é o que compre para facilitar a tormenta de ideas e
> >> convertir esta posta en común nun metapaquete.deb instalabel. E por
> >> suposto se alguén se anima con descricións funcionais, documentación,
> >> manuais do desenvolvedor, FAQs e demais material, que non se corte.
> >>
> >> Saúdos,
> >>
> >>
> >> suso.baleato at xunta.es escrebeu:
> >>     
> >>> Xosé escrebeu:
> >>>       
> >>>> Olá,
> >>>>
> >>>> O que expós está ben sintetizado, mais hai un par de comentarios que quero
> >>>> facer:
> >>>>
> >>>> 1. Falta a referencia ao "obxectivo": Non se trata de crear "a distribución
> >>>> EN GALEGO" ou algo parecido, que faga pensar que é a única que vai en
> >>>> galego, xa que hai máis, abonda con instalar un par de paquetes de
> >>>> tradución.
> >>>>         
> >>> É importante ter claro que unha cousa é o metapaquete, e outra cousa son
> >>> as personalizacións que se fagan dese metapaquete. E dende logo distro,
> >>> no seu sentido estricto, entendo que só estamos a falar dunha: Ubuntu.
> >>>
> >>> O obxectivo que temos en Mancomún é obter un metapaquete que, aplicado a
> >>> unha Ubuntu estándar, forneza un escritório ofimático multimedia en galego
> >>> adaptado ás necesidades que estamos tendo: que esté nun galego homologado,
> >>> que poidan metérselle os logos dos que nos piden esas distros... etc.
> >>>
> >>> Despois ise metapaquete por suposto pode empregalo quen queira para
> >>> facer a súa personalización se quere, igual que calquera pode baixarse
> >>> unha ubuntu e personalizala ao seu gusto. No noso caso ímolo empregar como
> >>> ferramenta para poder facer as personalizacións que nos pidan, e xa temos
> >>> tres encargadas: unha para a oficina técnica do PEGSI, outra para Dirección
> >>> Xeral e outra para a rede de dinamización.
> >>>
> >>> En canto á idea de que haxa unha 'distribución' en galego... home, pois
> >>> distros en galego hai unhas cantas xa. Outra cuestión é que se consiga
> >>> que a xente acredite nunha en concreto; e iso sería o desexabel, por que
> >>> mentres non suceda iso, ímolo ter moi complicado para lograr que a xente
> >>> se tome en serio isto do linux.
> >>>
> >>> Pola miña parte estou facendo todo o posibel para obter un apoio
> >>> institucional da Xunta neste sentido; creo que hai unha boa oportunidade
> >>> agora que se celebra o segundo aniversario de mancomún, e vou tratar de
> >>> facer todo o posibel para obter un compromiso nise sentido. Fixen unha
> >>> proposta dende o Centro de Referéncia de cara ao aniversario que non sei
> >>> si me aceptarán ou até onde, pero sí me podo comprometer a dúas cousas
> >>> se o considerades útil:
> >>>
> >>> 1) Mantervos informados do que vaia conseguindo,
> >>> 2) Tratar que en caso de conseguilo que non sexa unha distribución
> >>>    separada, senón que sexa unha personalización do metapaquete do que
> >>>    falamos.
> >>> 3) Se o consigo, contar cómo o fixen para que o proceso poidan repetilo
> >>>    a xente de educación, os de sanidade e todos os demais.
> >>>
> >>>       
> >>>> Tamén hai que evitar que no nome ou na publicidade se poda
> >>>> deducir algo parecido.
> >>>>         
> >>> Se queredes que fagamos publicidade deste proxecto de metapaquete
> >>> facémola, pero non sei até que punto eso pode ter interese. O único nome
> >>> que estamos empregando nós é araOS internamente. O nome ven do pingüíno
> >>> galego, o Arao, que está en perigo de extinción. O único que queirades
> >>> que poñamos unha nova en mancomún en plan 'mancomún traballará nun
> >>> proxecto de metapaquete en coordinación coa comunidade galega de Ubuntu'
> >>> ou algo así? Igual era boa idea, aproveitando que acaba de sair a 8.04. 
> >>> Por min sen problema.
> >>>
> >>> No que se refire ás tres personalizacións das que che falaba arriba que
> >>> eu saiba só imos darlle publicidade a dúas: a da oficina do PEGSI e á da
> >>> Dirección Xeral. A primeira vai estar orientada ás PEMEs e a segunda 
> >>> servirá de apoio para as accións de promoción do software libre, para
> >>> regalarlle aos GULs, para levar aos eventos... etc. O da rede de dinamización
> >>> non creo que teña nome nin publicidade, pero sí que vai ter uso por que
> >>> sería para os 80 locais que teñen por todo o país. En canto aos nomes
> >>> cores, logotipos, e todo o demais iso xa é cousa dos creativos e pouco
> >>> temos que dicir nós niso. Eu fixen varias propostas de nomes, e se a alguén
> >>> se lle ocurren nomes, pois admítense suxeréncias.
> >>>
> >>>       
> >>>> Os destinatarios, segundo creo, non son os individuos
> >>>> coma min ou como os demais que participan nesta rolda, senón as institucións
> >>>> públicas (corrixe-me se é o caso), isto é, os servizos como bibliotecas,
> >>>> hospitais, colexios, etc.
> >>>>
> >>>>         
> >>> Os destinatarios do metapaquete son desenvolvedores que queiran empregar
> >>> ise metapaquete para personalizalo cos logotipos dos seus 'clientes' e
> >>> empregalo como mellor entendan. Por exemplo, os do sergas poden coller o
> >>> metapaquete e partir del para facerse unha ubuntu á súa medida. Ou poden
> >>> pedirnos a nós que llo fagamos. Ou poden contratar a unha empresa para 
> >>> ue llo faga. Ou poden falar cun colega e que llo faga íl...
> >>>
> >>> No caso de mancomún, temos previsto empregar o metapaquete para xenerar
> >>> as tres personalizacións das que falaba. E ogallá que nos encarguen moitas
> >>> máis, por que será sinal de que o tema do linux funciona. Pero polo
> >>> momento os encargos que temos son ises.
> >>>
> >>>
> >>>       
> >>>> 2. Ademais do metapaquete principal haberá outros para bibliotecas,
> >>>> hospitais, colexios, etc.
> >>>>
> >>>>         
> >>> Estás seguro desto? Así, sen ter aínda o metapaquete e ver cómo funciona
> >>> é difícil de definir, eu penso que sería máis efectivo que se alguén quere
> >>> facer unha distro para colexios, que colla o metapaquete e que o adapte
> >>> directamente non? E unha vez feita a adaptación, que o suba ao repositorio
> >>> e así que o poida empregar calquera. 
> >>>
> >>> Pero igual o do esquema metapaquete principal + metapaquete
> >>> personalizado é mais efectivo. Non sei. No que a min respeita, estou
> >>> aberto a todo tipo de suxerencias.
> >>>
> >>>
> >>>       
> >>>> Xosé
> >>>>
> >>>>
> >>>>
> >>>>
> >>>>
> >>>> O Saturday 26 April 2008 23:20:06 suso.baleato at xunta.es escribiu:
> >>>>         
> >>>>> Boas,
> >>>>>
> >>>>> Por sintetizar un pouco o que fomos falando nesta posta en común inicial,
> >>>>> correxídeme se me equivoco:
> >>>>>
> >>>>> - A idea é que mancomún traballe *non* nunha nova distro, senón nun
> >>>>>   metapaquete de configuración (logos, iconas, splash, colorinchos
> >>>>>   varios, unha selección de aplicacións preconfiguradas para o galego
> >>>>>   que fornezan as funcionalidades dun escritório ofimático multimedia,
> >>>>>   e os pacotes adicionais precisos para iso). Alomenos inicialmente, o
> >>>>>   metapaquete no que traballaríamos dende mancomún sería para Ubuntu,
> >>>>>   pero calquera esforzo que haxa para portalo a outras distros
> >>>>>   apoiaríamolo.
> >>>>>
> >>>>> - Como a idea é conseguir ter un escritório íntegramente en galego, en
> >>>>>   troques de traducir á nosa bola sen máis, introduciríamos os
> >>>>>   resultados das nosas traducións a través do launchpad. Eiquí xa non
> >>>>>   sei como funcionaría a cousa, se teríamos que facelo nós directamente ou
> >>>>>   darvos a vós os .po... eso xa ides dicindo. O ideal sería que a meio
> >>>>>   longo prazo, o metapaquete se reducira á selección de aplicacións e á
> >>>>>   súa configuración, xa que idealmente non faría falta traducir nada a
> >>>>>   maiores do que se meta polo launchpad.
> >>>>>
> >>>>> - O metapaquete poñeríamolo no repositorio apt de mancomún, e por
> >>>>>   suposto nos repositorios que o queiran disponibilizar.
> >>>>>
> >>>>> - Traballar na idea dun metapaquete en troques de facelo na idea dunha
> >>>>>   distro ten varias vantaxes: pode servir como base para outras
> >>>>>   customizacións, pode incluírse nos liveCD instalábeis fácilmente, pode
> >>>>>   ser portado para outras distros...
> >>>>>
> >>>>> Se non se me escapa nada e todos o temos claro, entón poderíamos dar o
> >>>>> seguinte paso que propuxestes, que sería contactar con Mark Shuttleworth
> >>>>> para mirar a posibilidade de estabelecer algún tipo de convenio,
> >>>>> sinatura ou o que conveña.
> >>>>>
> >>>>> En todo caso, con ou sen convenio con Canonical, penso que temos o máis
> >>>>> importante feito, que é estarmos dacordo en que coordenarnos pode ser
> >>>>> positivo para todos/as.
> >>>>>
> >>>>> Penso que daiquí só poden saír cousas boas; a verdade é que estou moi
> >>>>> contento con todo isto.
> >>>>>
> >>>>> Saúdos,
> >>>>>
> >>>>> damufo escrebeu:
> >>>>>           
> >>>>>> Respondo abaixo
> >>>>>>
> >>>>>>             
> >>>>>>>> Felipe Gil Castiñeira escribiu:
> >>>>>>>>                 
> >>>>>>>>> suso.baleato at xunta.es wrote:
> >>>>>>>>>
> >>>>>>>>> [..cortado..]
> >>>>>>>>>
> >>>>>>>>>                   
> >>>>>>>>>> Así que o lóxico é: primeiro expoñervos o tema a vós e ver cómo o
> >>>>>>>>>> vedes. Se vedes ben tirar para adiante, pois veña, falamos con Mark
> >>>>>>>>>> e miramos de asinar ese convenio. Pero vaia: é importante non poñer
> >>>>>>>>>> o carro diante dos bois. De nada serviría que a Consellería de
> >>>>>>>>>> Innovación e Industria asinara algo con Canonical a través do
> >>>>>>>>>>                     
> >>>> Centro
> >>>>         
> >>>>>>>>>> de Referencia e Servizos de Software Libre... se despois a
> >>>>>>>>>> comunidade galega de Ubuntu estivera en contra non? Ese tipo de
> >>>>>>>>>> situacións danse demasiado a miúdo no mundo do software libre, e
> >>>>>>>>>> penso que temos que intentar evitar os conflictos, e sempre camiñar
> >>>>>>>>>> xuntos cara obxectivos comúns.
> >>>>>>>>>>                     
> >>>>>>>>> Non é por facer a rosca,  pero estou contento con que teñades esa
> >>>>>>>>> actitude... de feito recordo que cando empezou a funcionar Mancomún
> >>>>>>>>> había bastante suspicacia por se pasaban cousas así.
> >>>>>>>>>                   
> >>>>>>  >
> >>>>>>  > damufo escrebeu:
> >>>>>>  >> Unha opinión mais.
> >>>>>>  >> En primeiro lugar pareceme moi interesante o de facer un paquete/es
> >>>>>>  >> no canto dunha distribución especifica.
> >>>>>>  >> Penso que a idea de facer o paquete para ubuntu é tamén unha gran
> >>>>>>  >> elección aínda que penso que tamén sería bo que se contemplase a
> >>>>>>  >> posibilidade de que houbesen versións dese paquete para outras
> >>>>>>  >> distribucións (debian, suse...) se houbese demanda claro.
> >>>>>>  >> Saúdos
> >>>>>>
> >>>>>> suso.baleato at xunta.es escribiu:
> >>>>>>  > Pois a verdade é que é unha idea estupenda e concordo tamén con que a
> >>>>>>  > posibilidade debe contemplarse.
> >>>>>>  >
> >>>>>>  > É importante aclarar, iso sí, que en Mancomún imos comezar
> >>>>>>             
> >>>> traballando
> >>>>         
> >>>>>>  > na versión para Ubuntu, xa que nos resultaría inviabel facelo para
> >>>>>>  > todas as distros ao mesmo tempo.
> >>>>>>  >
> >>>>>>  > E se dalgún xeito podemos apoiar que haxa o pacote para outras
> >>>>>>  > distros, pois sen problema claro.
> >>>>>>  >
> >>>>>>  > Saúdos,
> >>>>>>
> >>>>>> A iso me refería. Aínda que non fixen ningunha enquisa a min pareceme
> >>>>>> razoable comezar por ubuntu (debido ao gran tirón que está a ter), e
> >>>>>> logo se hai demanda ver a posibilidade de ampliar a outras distros.
> >>>>>> Saúdos
> >>>>>>
> >>>>>>             
> >>>>>>>> --
> >>>>>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >>>>>>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> >>>>>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>>>>>>>                 
> >>>>>> --
> >>>>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >>>>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> >>>>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>>>>>             
> >>>>> --
> >>>>> Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org
> >>>>> Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia
> >>>>> Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
> >>>>> (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>
> >>>>>           
> >>>> -- 
> >>>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >>>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> >>>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>>>         
> >>> -- 
> >>> Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
> >>> Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
> >>> Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
> >>> (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>
> >>>
> >>> -- 
> >>> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> >>> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> >>> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl
> >>>       
> >> -- 
> >> Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
> >> Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
> >> Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
> >> (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>
> >> _______________________________________________
> >> G11n mailing list
> >> G11n at mancomun.org
> >> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> >>     
> >
> >   
> 
> 
> -- 
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list