[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego: LoCo Team
Felipe Gil Castiñeira
felipexil at gmail.com
Fri May 30 10:44:25 BST 2008
Leandro Regueiro wrote:
> 2008/5/30 Felipe Gil Castiñeira <felipexil at gmail.com>:
>
>> suso.baleato at xunta.es wrote:
>>
>>> Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
>>>
>>>
>>>> Persoalmente gústame máis esta última opción. Se desde Mancomún nos
>>>> poden proporcionar a infraestrutura perfecto (un servidor virtual
>>>> estaría ben ;-) ).
>>>>
>>>>
>>> Dacordo, imos estudar esa posibilidade entón; como aínda temos uns meses
>>> por diante até que se incorpore o/a lingüísta, podemos xestionar isto
>>> sin que sexa urxente non?
>>>
>>> Saúdos,
>>>
>>>
>>>
>> Non, non é urxente: de feito as xestións cos administradores de Ubuntu
>> para abrir só esta lista levaron o seu tempo, así que para montar o LoCo
>> non conto con menos. Vou empezar a mover o asunto e mantéñovos informados.
>>
>
> Eu tamén penso que é preferible a segunda opción. En caso de non poder
> contar con esa infrastructura en mancomún supoño que igual se podería
> facer algo en trasno... Para que fai falta o foro??
>
A idea é que un "LoCo Team" sexa o lugar de difusión, discusión, axuda,
etc. entre desenvolvedores, usuarios, tradutores, etc. Un foro sempre é
máis cómodo para que os usuarios estándar presenten as súas dúbidas,
suxestións... sen que se teñan que subscribir a unha lista de correo.
> Por certo, o enderezo localizar at mancomun.org a que corresponde??
>
> Ata logo,
> Leandro Regueiro
>
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list