[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego: LoCo Team

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Fri May 30 10:02:48 BST 2008


suso.baleato at xunta.es wrote:
> Felipe:
>
> Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
>   
>>>   
>>>       
>> Eu podo facer as xestións para montar o "LoCo Team", pero vou ter pouco
>> tempo para aportar contidos. Se esa persoa pode colaborar na creación de
>> contidos xunto coa xente do grupo, xa temos a semente para arrincar. 
>> Habería que falar tamén de onde se vai hospedar a web, wiki, foros, etc.
>>
>>     
>
> Penso que iso sería o idóneo, xa que debe partir a iniciativa do próprio
> equipo de Ubuntu. O LoCo Team poderíamos entendelo como parte do
> traballo de localización de Mancomún, e por tanto esa persona podería
> colaborar do xeito que dis. Aínda tardaremos un par de meses en
> finalizar o proceso de contratación, así que temos ise tempo para ir
> falando do que sexa preciso. E por suposto, en canto  web, hospedaxe,
> wiki, foros e demais servizo poderedes contar cos que fornecemos dende o
> Centro de Referéncia e Servizos, que para iso estamos. Por suposto se
> preferides empregar outros, non hai ningún inconveniente.
>
> Saúdos,
>
>   

Comentábao porque existen dúas posibilidades:

    * Usar as infraestruturas de Ubuntu:
          o Inconvinte: falta de "integración" (a wiki está nun sitio, o
            foro noutro, etc.),
          o Vantaxes:
                + a imaxe de marca do propio proxecto Ubuntu.
                + tal vez máis visibilidade para usuarios novos que
                  entran na páxina de Ubuntu.
    * Montar un servidor propio:
          o Agora estamos xusto no caso contrario:
                + temos integración e control total do sistema.
                + máis apartados do paraugas de Ubuntu.

Persoalmente gústame máis esta última opción. Se desde Mancomún nos
poden proporcionar a infraestrutura perfecto (un servidor virtual
estaría ben  ;-)   ).

Saúdos.
    Felipe.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list