[Tradutores-Ubuntu] Erro ubuntu 8.04

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Thu Jun 26 00:24:10 BST 2008


Manuel wrote:
> Ola a todos,
> son Manuel e fai tempo que veño empregando Ubuntu, queríavos comentar un
> erro, que non sei se é habitual ou se só me pasou a min.
>
> o executar un aptitude install, á hora de aceptar saeme o seguinte
>
> "Hai que recibir 28,5MB de arquivos. Despois de desempaquetar hanse ocupar
> 135MB.
> ¿Quere continuar? [S/n/?] y"
>
> Como podedes comprobar, hai que poñer un 'Y', se non, non podes continuar
> coa instalación.
>
> Sabedes onde se pode correxir isto? A quen tería que informar deste bugg?
>
> Graciñas
> Saudos
>   
Ola Manuel,

A verdade é que nalgún momento vin este fallo, e o fun deixando pasar
(porque utilizo máis ben os apt's que o aptitude). Polo que acabo de
ver, este fallo está notificado  [1] e tamén existen en Debian [2], pero
parece non estar corrixido.

Penso que un comentario en calquera dos dous bugs pode ser interesante
para mostrar que segue habendo interese nese problema.

E... como solución temporal ¿que vos parece o cambiar "¿Quere continuar?
[S/n/?]"  por "¿Quere continuar? [Y/n/?]" ?

Saúdos.
    Felipe.


[1] https://bugs.launchpad.net/debian/+source/aptitude/+bug/66372
[2] http://bugs.debian.org/cgi-bin/bugreport.cgi?bug=361829



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list