[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego: LoCo Team

suso.baleato at xunta.es suso.baleato at xunta.es
Thu Jun 5 15:42:18 BST 2008


Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
> suso.baleato at xunta.es wrote:
> > Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
> >   
> >> Persoalmente gústame máis esta última opción. Se desde Mancomún nos
> >> poden proporcionar a infraestrutura perfecto (un servidor virtual
> >> estaría ben  ;-)   ).
> >>     
> >
> > Dacordo, imos estudar esa posibilidade entón; como aínda temos uns meses
> > por diante até que se incorpore o/a lingüísta, podemos xestionar isto
> > sin que sexa urxente non?
> >
> > Saúdos,
> >
> >   
> Ben, ao final o sistema funciona ao revés: hai que montar as
> infraestruturas, presentar a candidatura para ser aprobado como "LoCo
> Team" oficial e agardar a que se reúna a comisión para que comproben que
> todo está "correcto".
> 
> Agora veñen as preguntas:
> 
>     * Suso e comunidade: araOS e Ubuntu-Galiza ¿deben ser equivalentes?
>           o No caso no que a resposta sexa "non": ¿hai algún problema en
>             que teñan o soporte, espazo para a comunidade, etc. no mesmo
>             sitio?

A ver si consigo respostalas e de paso aclaro as ideas, cunha frase sobre
 cada unhas das dúas cousas:

- O araOS é un proxecto de desenvolvemento de Mancomún; posto que o
  primeiro prototipo está a desenvolverse sobre Ubuntu, Mancomún puxo en
  común o proxecto coa comunidade galega de Ubuntu. A comunidade galega 
  de Ubuntu está a participar no desenvolvemento dando ideas, probando o
  invento...

- Ubuntu-Galiza é un grupo de personas voluntarias de Ubuntu. Como a
  comunidade Ubuntu-Galiza está interesada en promover o uso da súa
  distro, están axudando aos de Mancomun co desenvolvemto do araOS.
  Ademais é unha comunidade moi activa, que está plantexándose montar un
  LoCo Team. Como a posta en marcha do LoCo team require 
  infraestructuras, dende Mancomún ofreceron compartir as súas.

Mancomún é un grupo, Ubuntu-Galiza é outro grupo, e araOS é un proxecto
de desenvolvemento de Mancomún no que participa Ubuntu-Galiza.

Por tanto, a resposta á primeira pregunta sería que araOS e Ubuntu-Galiza
son cousas distintas e a resposta á segunda que non hai ningún problema
en compartir recursos.



>     * Suso: Ubuntu ten a infraestrutura para wiki, web convencional,
>       foros, IRC e listas de correo:
>           o ¿Creamos as equivalentes no sitio que se vai montar ou
>             sacamos proveito dalgunha delas? (persoalmente creo que a
>             wiki, web e foros debían ir na "nosa" plataforma, e o IRC en
>             freenode. As dúbidas éntranme coa lista de correo).
> 

Na miña opinión, se Ubuntu pode fornecer eses recursos deberíamos
comezar por empregar os recursos da propria comunidade Ubuntu xa que iso
axudará a que nos integremos mellor e que sexamos máis aceitados -e así
evitamos problemas como os que tivemos con Mozilla por exemplo-; e que
se utilicen os recursos de mancomún cando os de Ubuntu non sexan
suficientes ou simplemente cando conveña. É a miña opinión, claro.

> E agoa a gran pregunta que me empeza a proer e á que lle espero poder
> dar resposta: ¿que vantaxes supón ser un LoCo Team oficial?
> 

Pois eu entendo que ser un LoCo Team oficial supón básicamente unha
maior capacidade de interlocución ante Canonical, pois non hai que
esquecer que detrás de Ubuntu hai unha empresa, pero que detrás desa
empresa hai unha comunidade. É importante que sexamos quen de
visibilizar a comunidade galega pensando en que no futuro poderíamos ter
que demostrar que existimos e que levamos traballando tempo, pois iso
sucedeu fai nada con Mozilla... depois de cinco anos!! 

> Un saúdo.
>     Felipe.
> 
> -- 
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> Ubuntu-l10n-gl at lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list