[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego: LoCo Team

Felipe Gil Castiñeira xil at uvigo.es
Wed Jun 4 14:11:37 BST 2008


Leandro Regueiro wrote:
> 2008/6/4 Felipe Gil Castiñeira <felipexil at gmail.com>:
>   
>> suso.baleato at xunta.es wrote:
>>     
>>> Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
>>>
>>>       
>>>> Persoalmente gústame máis esta última opción. Se desde Mancomún nos
>>>> poden proporcionar a infraestrutura perfecto (un servidor virtual
>>>> estaría ben  ;-)   ).
>>>>
>>>>         
>>> Dacordo, imos estudar esa posibilidade entón; como aínda temos uns meses
>>> por diante até que se incorpore o/a lingüísta, podemos xestionar isto
>>> sin que sexa urxente non?
>>>
>>> Saúdos,
>>>
>>>
>>>       
>> Ben, ao final o sistema funciona ao revés: hai que montar as
>> infraestruturas, presentar a candidatura para ser aprobado como "LoCo
>> Team" oficial e agardar a que se reúna a comisión para que comproben que
>> todo está "correcto".
>>
>> Agora veñen as preguntas:
>>
>>    * Suso e comunidade: araOS e Ubuntu-Galiza ¿deben ser equivalentes?
>>          o No caso no que a resposta sexa "non": ¿hai algún problema en
>>            que teñan o soporte, espazo para a comunidade, etc. no mesmo
>>            sitio?
>>    * Suso: Ubuntu ten a infraestrutura para wiki, web convencional,
>>      foros, IRC e listas de correo:
>>          o ¿Creamos as equivalentes no sitio que se vai montar ou
>>            sacamos proveito dalgunha delas? (persoalmente creo que a
>>            wiki, web e foros debían ir na "nosa" plataforma, e o IRC en
>>            freenode. As dúbidas éntranme coa lista de correo).
>>
>> E agoa a gran pregunta que me empeza a proer e á que lle espero poder
>> dar resposta: ¿que vantaxes supón ser un LoCo Team oficial?
>>     
>
> Pois non cho sei. A lista non valería a que xa estades usando?
>
> Ata logo,
>                  Leandro Regueiro
>   
Polo momento podería valer, pero esta é a lista de tradución. Todo
depende de como evolucione o asunto; se ten éxito, sería mellor que as
cuestións relacionadas coa tradución quedasen aparte.

Saúdos!
    Felipe.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list