[Tradutores-Ubuntu] ubuntu en galego: LoCo Team

Felipe Gil Castiñeira felipexil at gmail.com
Wed Jun 4 09:36:39 BST 2008


suso.baleato at xunta.es wrote:
> Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
>   
>> Persoalmente gústame máis esta última opción. Se desde Mancomún nos
>> poden proporcionar a infraestrutura perfecto (un servidor virtual
>> estaría ben  ;-)   ).
>>     
>
> Dacordo, imos estudar esa posibilidade entón; como aínda temos uns meses
> por diante até que se incorpore o/a lingüísta, podemos xestionar isto
> sin que sexa urxente non?
>
> Saúdos,
>
>   
Ben, ao final o sistema funciona ao revés: hai que montar as
infraestruturas, presentar a candidatura para ser aprobado como "LoCo
Team" oficial e agardar a que se reúna a comisión para que comproben que
todo está "correcto".

Agora veñen as preguntas:

    * Suso e comunidade: araOS e Ubuntu-Galiza ¿deben ser equivalentes?
          o No caso no que a resposta sexa "non": ¿hai algún problema en
            que teñan o soporte, espazo para a comunidade, etc. no mesmo
            sitio?
    * Suso: Ubuntu ten a infraestrutura para wiki, web convencional,
      foros, IRC e listas de correo:
          o ¿Creamos as equivalentes no sitio que se vai montar ou
            sacamos proveito dalgunha delas? (persoalmente creo que a
            wiki, web e foros debían ir na "nosa" plataforma, e o IRC en
            freenode. As dúbidas éntranme coa lista de correo).

E agoa a gran pregunta que me empeza a proer e á que lle espero poder
dar resposta: ¿que vantaxes supón ser un LoCo Team oficial?

Un saúdo.
    Felipe.



More information about the Ubuntu-l10n-gl mailing list