[Tradutores-Ubuntu] 8.04 en galego
Xosé
ubuntu at galizaweb.net
Fri Apr 25 15:01:35 BST 2008
> Xesús Manuel Benítez Baleato:
> Boas,
>
> Acabo de ver a porcentaxe de tradución ao galego da 8.04, que anda no
> 50%; supoño que será o de sempre, que está a interfaz pero non a
> documentación non?
Non, a documentación e as aplicacións están mesturadas en Launchpad. Hai
documentación traducida, ainda que non saberia calcular a proporción. En
Hardy vai traducido o 55%, un 1% menos que en Feisty, pero o caso é que
agora hai moitos máis paquetes para traducir, entre eles algúns grandes como
OpenOffice.org e Firefox, pero un salto desde Dapper ou Edgy, cando estaba o
40%.
> En todo caso e xa de cara ao futuro próximo: hai algo que poidamos facer
> directamente dende mancomún para axudar, ou ben a traverso da Consellaría
> de Innovación e Industria? Penso nalgún tipo de campaña, ou plantexarllo
> aos GULs, ou empregar o entrans... non sei; os que mellor saberíades como
> enfocar o tema sodes vós.
Hai un dato que me chamou a atención: en Dapper o basco tiña traducido o 43%
e en Feisty chegaron ao 45%, mais actualmente teñen traducido 0 60% (co que
nos adiantaron), o que me fai pensar que contan con algun tipo de axuda,
talvez oficial. Poderia ser útil saber como fixeron.
> Pois iso, ánimo a tod at s e parabéns a toda a xente que axudou en conseguir
> chegar a este punto!!
Grazas. Aproveito para comentar que levo un par de semanas traducindo os
catro paquetes que hai en
https://translations.launchpad.net/ddtp-ubuntu/+translations . Son enormes
porque conteñen as descricións dos paquetes que utilizan os programas de
instalación con apt. Resultan bastante visíbeis porque é precisamente o que
vemos cando queremos instalar algo. Quería pedir axuda; posibelmente ninguén
os viu porque non están na mesma páxina que os demais, non sei por que, eu
atopeinos de casualidade.
Xosé
More information about the Ubuntu-l10n-gl
mailing list